Oleiros é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Coruña. Segundo o IGE no 2018 tiña 35.559 habitantes (34.963 no 2015, 33.550 no 2010, 31.694 no 2007, 31.264 no 2006, 30.467 no 2005, 29.671 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «/oleiresa».

Xeografía miniatura|esquerda|300px|Unha vista da Coruña dende Bastiagueiro, en Oleiros. Limita ao norte coa ría de Ares, ao leste cos concellos de Sada e Bergondo, ao sur cos de Cambre e Culleredo e ao oeste co concello da Coruña e coa ría do Burgo, da cal abrangue a costa da marxe dereita oposta á da cidade da Coruña. Está situado no interior da unidade xeográfica chamada Xistos Cristalinos de Bergondo, creada no Precámbrico.

Demografía É o segundo concello máis poboado da comarca da Coruña e o décimo concello galego en poboación.

Censo total (2015) 35.013 habitantes Menores de 15 anos 5.645 (16.12 %) Entre 15 e 64 anos 22.677 (64.77 %) Maiores de 65 anos 6.436 (19,11 %)

Toponimia Segundo o Padre SarmientoPadre Sarmiento (1754-55): Viaje a Galicia, páxs. 67 e 68. o topónimo Oleiros fai referencia ás olas en que se celebraban antigamente os soterramentosCabeza Quiles, F.: Os nomes de lugar, p. 3145. Ed. Xerais, Vigo 1992..

Historia Da época da cultura castrexa consérvanse trece castros:PXOM do Concello de Oleiros do ano 2014Traballo de Comendador Rey, Beatriz. Ferrer Cruz, J. Vázquez Collazo, S. Anuario Brigantino 2007, num .30 Castro de Punta Roza Castro de Punta Torrella Castro de Subiña Castro de Morro Canide Castro de Xaz Castro de Edreira Castro de Santa Cristina Castro de Montrove Castro de Nós Castro de Xoez Da Idade Media consérvanse poucos restos, entre eles atópase a Igrexa Románica de Dexo do século XII consagrada polo arcebispo Xelmirez no ano 1108.

O castelo de Santa Cruz está situado nun illote na enseada do mesmo nome, no Porto de Santa Cruz. Foi mandado construír por Diego das Mariñas no século XVI para completar o sistema defensivo da baía coruñesa, xunto co castelo de Santo Antón, o castelo de San Diego e o castelo de Santo Amaro. No século XIX foi mercado pola familia Quiroga-Pardo Bazán. En 1939 foi doado pola filla de Emilia Pardo Bazán á arma de cabalaría para organizar colonias dos orfos de guerra civil ata 1978. O castelo quedou abandonado ata 1989 cando foi mercado polo concello. O Castelo de Santa cruz está declarado Ben de Interese Cultural. Actualmente é o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de GaliciaO CEIDA -Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia-

Economía miniatura|Urbanización de chalés en Montrove. A economía de Oleiros estivo durante séculos centrada no sector agrario, gandeiro e pesqueiro. No porto de Lorbé existe unha das depuradoras de mexillóns máis importantes de Galiza.

A proximidade á cidade da Coruña fixo medrar a poboación do concello que pasou dunha etapa de cidade dormitorio, nas zonas máis próximas, e de lecer preto das praias. Oleiros é agora un concello residencial e de alta calidade de vida. O concello ten múltiples urbanizacións, zonas de vivendas e equipamento residencial. Nos últimos anos construíronse zonas verdes, zonas peonís e infraestruturas para mellorar a vida diaria no concello. O novo acceso ao concello é a Vía ártabra (AG-13), estrada de alta capacidade que ligará o concello coa autoestrada AP-9.

Patrimonio

O museo dos Oleiros forma parte do Centro Cultural As Torres de Santa Cruz, unha das máis importantes escolas de cerámica popular. Acolle unha colección única en Europa de cerámica popular, e é sede dunha das feiras máis importantes de cerámica tradicional de España, que cada ano acolle centos de ceramistas que expoñen as súas pezas.

Oleiros na literatura popular Refraneiro O que pasou a Marola, pasou a mar todaA Marola é un pequeno illote fronte á costa de Dexo-Serantes, no concello de Oleiros. Lino Lema Bouzas (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993, 7..

Cantigueiro Ferrolana, por te ver, / pasei o mar da Marola / a pique de me perder.

Lugares de interese miniatura|Praia de Santa Cristina. Praias Praia de Santa Cristina (Perillo) Praia de Bastiagueiro (Bastiagueiro) Bandeira Azul Praia de Portocovo (Porto de Santa Cruz) Praia de Mera (Mera)

Museos Castelo de Santa Cruz (Porto de Santa Cruz) Museo dos Oleiros (Porto de Santa Cruz)

Salas de exposicións Casa Charry (Oleiros)

Monumentos Estatua de Che Guevara

Galería de imaxes

Parroquias miniatura|As nove parroquias que compoñen o concello de Oleiros.

Lugares Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Oleiros vexa: Lugares de Oleiros.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Eleccións municipais en Oleiros Ligazóns externas Páxina web do Concello

Categoría:Oleiros Categoría:Topónimos de concellos galegos con etimoloxía