Archibald Loudon Snowden, nado no condado de Cumberland, Pensilvania, o 11 de agosto de 1835 e finado en Filadelfia, Pensilvania, o 7 de setembro de 1912, foi un político e diplomático estadounidense da segunda metade do século XIX, embaixador dos Estados Unidos en varios países europeos e superintendente da Casa da Moeda de Filadelfia.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Snowden naceu no condado de Cumberland, Pensilvania, o 11 de agosto de 1835,"Col. A. L. Snowden dead. Ex-minister to Spain expires after a long illness". En The New York Times. 7 de setembro de 1912. fillo de Margery Bines Louden e de Isaac Wayne Snowden, un cirurxián do exército estadounidense que serviu na primeira guerra seminoles ás ordes do xeneral Jackson, e foi ferido en Fort Scott, Xeorxia.Mc Cormick, L. J. (1896). Family Record and Biography. Chicago.Sons of the Revolution. Pennsylvania Society (1898). Decennial Register of the Pennsylvania Society of Sons of the Revolution: 1888-1898. F. B. Lippincott. Páxina 418.
O seu tío, James Ross Snowden, foi director da Casa da Moeda dos Estados Unidos."James Ross Snowden. Director of the Mint". En Failor, K. M.; Hayden, E. (1969). Medals of the United States Mint. US Government Printing Office. Páxinas 132-133.Smith, A. M. (1881). Coins and Coinage: The United States Mint, Philadelphia, History, Biography, Statistics, Work, Machinery, Products, Officials ... A.M. Smith, Filadelfia. 4ª ed. Páxinas 48-54.
Snowden graduouse no Jefferson College en 1856.
Antes da guerra civil Logo da súa graduación, foi nomeado rexistrador da Casa da Moeda dos Estados Unidos o 7 de maio de 1857.Wilson, J. G.; Fiske, J., eds. (1900). "Snowden, James Ross" . En Appletons' Cyclopædia of American Biography. D. Appleton, Nova York. Politicamente, Snowden foi demócrata ata 1860, cando se pasou ao Partido Republicano por considerar que a política dos demócratas era prexudicial para os intereses manufactureiros do país.Morris, C. (1896). Men of the Century, an Historical Work: Giving Portraits and Sketches of Eminent Citizens of the United States. L. R. Hamersly & Company, Filadelfia. Páxina 73.
Tras o estoupido da guerra civil estadounidense en 1861, Snowden colaborou na formación dun rexemento voluntario de infantaría de Pensilvania e foi nomeado tenente coronel. Posteriormente foi elixido capitán da primeira tropa da cidade de Filadelfia.Seymour, J. (2008). First Troop Philadelphia City Cavalry. Arcadia Publishing. Páxina 94. ISBN 9780738557670
Foi elixido membro da Sociedade Filosófica Americana en 1873."American Philosophical Society Member History: Nº 29". Amphilsoc.org
Despois da guerra Snowden pasou a ocupar o posto de cuñador xefe da Ceca de Filadelfia o 1 de outubro de 1866, e de 1877 a 1879 foi tamén administrador de correos de Filadelfia. Entre 1879 e 1885 foi ascendido a superintendente da Ceca de Filadelfia,Forrer, L. (1912). "Snowden, Col. A. Loudon". En Biographical dictionary of medallists. Vol. 5. Páxina 560. nomeado como tal polo presidente Ulysses S. Grant. En 1878, rexeitou en dúas ocasións o cargo de director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, ofrecido polo presidente Rutherford B. Hayes."Dr. Linderman's successor, Col. A. L. Snowden declines the position - Mr. Preston wants the office". En The New York Times. 5 de febreiro de 1879.
Snowden realizou melloras e diversas innovacións relacionadas coa maquinaria de cuñaxe de moeda, e escribiu artigos sobre temas relacionados coa produción de moeda, sobre o gran selo dos Estados Unidos e sobre outros temas. Estivo tamén relacionado cos ferrocarrís, coas compañías de seguros e con outros intereses empresariais.
En 1889, Snowden sucedeu a Walker Fearn e foi simultaneamente embaixador dos Estados Unidos en Grecia, en Romanía e en Serbia, ata 1892. Do 22 de xullo de 1892 ao 3 de xuño de 1893, foi enviado extraordinario e ministro plenipotenciario en España."Archibald Loudon Snowden (1837–1912)". Office of the Historian (history.state.gov).
Derradeiros anos Snowden foi presidente da Comisión do Parque Fairmount. En 1903 foi acusado, xunto co senador estatal Charles A. Porter, o contratista C. Kennedy Crossan e Ludwig S. Filbert, de obter beneficios fraudulentos a través da Danville Bessemer Company."Col. Snowden. A defendant. Suit to recover $325,000 in connection with Danville Bessemer Company". En The New York Times. 5 de decembro de 1903
Snowden finou o 7 de setembro de 1912 en Filadelfia, como consecuencia dunha doenza de nove meses. O seu corpo soterrouse no cemiterio Laurel Hill."Archibald Loudon Snowden". Findagrave.com
Vida familiar O 16 de febreiro de 1864, Snowden casou con Elizabeth Robinson Smith (1841-1910), con quen tivo dúas fillas e dous fillos: Caroline Smith Snowden (1865-1960), Mary Buchanan Snowden (nada en 1866), Charles Randolph Snowden (1871-1913) e Archibald Loudon Snowden (1878-1878).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Casa da Moeda de Filadelfia
Categoría:Nados en 1835 Categoría:Finados en 1912 Categoría:Nados en Pensilvania Categoría:Casa da Moeda dos Estados Unidos Categoría:Embaixadores dos Estados Unidos de América Categoría:Políticos do Partido Republicano dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos do Washington & Jefferson College