Jesús María Bouza Bello, nado no Chamoselo (As Pontes de García Rodríguez) en 1873 e finado na Habana o 21 de outubro de 1945, foi empresario e político galego.
Traxectoria Emigrou a Cuba en 1885. Comerciante con Casas de Empeños e compra-venda e dono con Ramón Rambla Contreras de Rambla, Bouza y Cía, a imprenta que confeccionaba e editaba a Gaceta Oficial de la República de Cuba e o Diario de Sesiones del Congreso.Españoles en Cuba en el siglo XX / Jorge Domingo Cuadriello, p. 17. Foi o primeiro presidente da Sociedad de Instrucción, Recreo e Protección Mutua Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez, creada na Habana o 28 de xaneiro de 1912. Foi tesoureiro do Centro Gallego de La Habana (1913-1914) e chegou á presidencia do Centro en 1926. En xuño de 1929 foi elixido presidente da agrupación Acción Gallega da Habana.Diario de la Marina, 20-6-1929, p. 21. Foi presidente da empresa editora do Diario de la Marina en 1940.
Recoñecementos O rei Afonso XIII concedeulle a Gran Cruz de Beneficencia con distintivo branco. Unha rúa das Pontes leva o seu nome.
Vida persoal
Casou con Consuelo Goás e foi pai de Conchita Bouza Goás, que casou en 1924 con Marino López Blanco. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Marino L. Blanco, un viveirense ministro y socio de dos bancos y una aerolínea en Cuba Fillos ilustres de As Pontes
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados nas Pontes de García Rodríguez Categoría:Nados en 1873
Categoría:Finados en 1945