Celestino Pérez Recarey, nado en Lérez (Pontevedra) en 1943, é un mestre e escritor galego.

Traxectoria Estudou Maxisterio en Pontevedra, e máis adiante fixo as especialidades de Matemáticas e Lingua Galega. Foi mestre na Picota, Panxón, os Xesuítas, Porto Cabeiro, Nétoma (Razo) e director do Centro de Formación e Recursos da Coruña. Moi ligado á comarca de Bergantiños, xa xubilado foi Presidente do Forum Europeo de Administradores da Educación de Galicia.

Ten editado textos de didáctica e ensino da lingua galega e tres libros de relatos. Colaborou na autoría de textos en galego na editorial Rodeira. Publicou artigos en La Voz de Galicia, El Correo Gallego, El Progreso e na Revista Galega de Educación.

Obras Narrativa Andainas (2022). Noia: Toxosoutos. 193 páxs. ISBN 978-84-125915-7-6. Relatos. Nomes propios (2023). Noia: Toxosoutos. 92 páxs. ISBN 978-84-125915-7-6. Relatos breves. Supermercado Carmiña (2025). Noia: Toxosoutos. 168 páxs. ISBN 979-13-990650-4-6. Novela.

Libros colectivos Proxecto educativo de centro: a normalización lingüística no PEC (1993); con Rosario García Deibe e Alberte Gozález Armesto. Vigo: Xerais. ISBN 9788475077598 Lecer e lingua oral: unha proposta creativa para a Educación Secundaria Obrigatoria. (1996). Tambre. Oleiros. ISBN 84-88681-32-1. A lingua galega: historia e actualidade : actas do I Congreso Internacional : 16-20 de setembro de 1996, Santiago de Compostela; pp. 489-501. Tambre. ISBN 978-84-88681-32-4. O galego actual: normas ortográficas-gramaticais da lingua galega (1996); con Consuelo María Romero Lado. Oleiros (A Coruña): Noroeste ISBN 9788492156160 Para dicir e facer (1996). Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-4532869-7. A escola e os recursos das comunidades locais (2004). Torres Novas (Portugal) ISBN 972-99406-0-6.

Notas

Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en 1943 Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes