O 2 de novembro é o 306º día do ano do calendario gregoriano (307º nos anos bisestos). Quedan 59 días para finalizar o ano.
Acontecementos 676 - Dono convértese en Papa. 998: en Francia, o frade Odilón ―cuarto abade de Cluny― instituye este día como o Día dos Defuntos. 1810 - Afundimento na ría de Viveiro da fragata Santa María Magdalena e o bergantín Palomo, morrendo 550 mariñeiros. 1917 - Declaración Balfour: os británicos proclaman o seu apoio ás colonias israelís en Palestina. 1930 - Haile Selassie tórnase emperador de Etiopía. 1988 - Primeira propagación dun verme ou worm en Internet. 2000 - A Expedición 1 chega á Estación Espacial Internacional. 2004 - George W. Bush é reelixido presidente dos Estados Unidos.
Nacementos miniatura|100px|Burt Lancaster 1755 - María Antonieta, raíña de Francia (m. 1793). 1763 - José Alonso López y Nobal, mariño, matemático e enxeñeiro galego (m. 1824). 1795 - James Knox Polk, presidente estadounidense (m. 1849). 1815 - George Boole, matemático e filósofo británico (m. 1864). 1840 - Victorino de la Plaza, presidente arxentino (m. 1919). 1855 - Antonio Garrido Villazán, militar, xornalista e académico galego (m. 1928). 1866 - José Rodrigues Vale, coñecido pelo pseudónimo de João Verde, escritor portugués (m. 1934). 1886 - Gheorghe Tătărescu, primeiro ministro de Romanía (m. 1957). 1877 - Teixeira de Pascoaes, escritor portugués (m. 1952). 1889 - Manuel Abelenda, pintor galego (m. 1957). 1906 - Luchino Visconti, director de cine italiano (m. 1976). 1911 - Odysseus Elytis, poeta grego premiado co Nobel de Literatura en 1979 (m. 1996). 1913 - Burt Lancaster, actor norteamericano (m. 1994). 1929 - Richard E. Taylor, físico americano-canadense. 1932 - Melvin Schwartz, físico estadounidense (m. 2006). 1938 - Sofía de Grecia, raíña de España. 1939 - Richard Serra, escultor estadounidense. 1949 - María Isabel Salazar Bello, cirurxiá e política de Lugo. 1957 - Paulino Martínez Pereiro, músico e escritor galego. 1967 - Xesús Manuel Marcos, escritor galego.
Mortes 1910 - Raimon Casellas, escritor e xornalista catalán (m. 1855). 1930 - Alfred Wegener, científico alemán (n. 1880). 1936 - José Estévez Carrera, avogado e político galego (n. 1869). 1937 - Bernardo Mateo Sagasta, enxeñeiro agrónomo e político galego (n. 1866). 1938 - Leoncio Virgós Guillén, farmacéutico, médico e político galego (n. 1882). 1947 - Casimiro Fernández Villagómez, xornalista e escritor galego (n. 1908). 1950 - George Bernard Shaw, escritor británico. 1962 - Jesús Andreu Lázaro, enxeñeiro agrónomo español. 1975 - Pier Paolo Pasolini, director cinematográfico, novelista e poeta italiano; asasinado. 1975 - Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón, arquitecto e compositor musical galego (n. 1886). 2003 - Xela Arias, poeta e tradutora galega (n. 1962). 2004 - Theo van Gogh, director cinematográfico holandés, asasinado.
Festas e celebracións Para a Igrexa Católica é o Día de Finados ou Día dos Fieis Defuntos.
Outros Santoral: San Xusto mártir.
Os 366 días do ano
02