Unha imaxe dixital é unha imaxe composta de píxeles, cada un con cantidades finitas e discretas de representación numérica para a súa intensidade ou escala de grises que é unha saída das súas funcións bidimensionais alimentadas como entrada polas súas coordenadas espaciais indicadas con X e Y, no eixe X e no eixe Y, respectivamente. Dependendo de se a resolución de imaxe é fixa, pode ser de tipo vectorial ou rasterizada.

Formatos de ficheiro de imaxe Os formatos de imaxe dixital máis usados son:

JPEG (Joint Photographic Experts Group): é o formato máis utilizado e coñecido na actualidade. Case todas as cámaras dan esta opción para gardar as imaxes. Ficheiro moi utilizado en Internet e en multimedia pola súa excelente compresión e por soportar ata 16.777.216 cores diferentes. TIFF (Tagged Image File Format): ficheiro estándar para impresión industrial, tamén moi utilizado como opción en cámaras fotográficas. É un formato de ficheiro que aceptan practicamente todos os programas de imaxe. Foi desenvolvido en 1986 por Aldus e Microsoft nun intento de crear un estándar para as imaxes xeradas por equipos dixitais. TIFF é capaz de almacenar imaxes en cores verdadeiras (24 ou 32 bits). GIF (Graphics Interchange Format): creado para ser utilizado amplamente en Internet. Admite imaxes animadas e 256 cores por fotograma. Substituíuse polo PNG. BMP (Windows Bitmap) Normalmente usados polos programas de Microsoft Windows. Non utiliza ningún algoritmo de compresión, polo que este formato presenta as fotos de maior tamaño. SVG (Scalable Vector Graphics): é un formato vectorial, creado e desenvolvido polo World Wide Web Consortium. PNG (Portable Network Graphics): é un formato libre de datos utilizado para imaxes, que apareceu en 1996 como substituto do formato GIF, debido a que este último inclúe algoritmos patentados. Admite canle alfa, sen limitación de profundidade de cor, alta compresión (axustable). Permite comprimir imaxes sen perder calidade, a diferenza doutros formatos como JPG. PCD (Kodak Photo CD): este é un formato pechado lanzado por Kodak en 1992 como parte dun sistema de dixitalización e almacenamento de imaxes para satisfacer a demanda no inicio da popularización das imaxes dixitais. O produto non alcanzou o éxito suficiente para establecerse no mercado e foi descontinuado por Kodak. O formato, con todo, aínda é lido e aceptado polos principais programas de edición de imaxes. DWG (AutoCAD drawing): ficheiros de texto ASCII utilizados para almacenar datos de programas CAD. RAW (Familia de formatos de arquivo RAW): RAW refírese á familia de formatos de imaxe RAW que proveñen a maioría das cámaras dixitais profesionais. O formato RAW non está nin estandarizado nin documentado e difire dun fabricante a outro.

Notas

Categoría:Procesamento de imaxe Categoría:Imaxe dixital Categoría:Formatos gráficos