Natalie Portman, nada como Natalie Hershlag (en ) en Xerusalén o 9 de xuño de 1981, é unha actriz israelí-estadounidense gañadora do Globo de Ouro e gañadora do Óscar á mellor actriz polo filme Black Swan.

Traxectoria Dende pequena, Portman pasou os veráns en campamentos de teatro onde desenvolveu o seu amor pola actuación. Despois de traballar en varios musicais de Broadway, foi seleccionada para a película Léon á idade de 12 anos. Durante os anos 90, Portman traballou en películas como Heat, Everyone Says I Love You , Mars Attacks! e Beautiful Girls.

Fala hebreo e inglés, e aínda que non os domina, tomou clases de francés, xaponés, alemán e español. É vexetariana dende os oito anos e vegana dende 2009. Segundo manifestou, non toma ningún tipo de droga nin alcol.

A finais dos anos 90, foi seleccionada para o papel de Padmé Amidala na segunda triloxía de Star Wars. Pese a isto ela decidiu seguir cos seus estudos de psicoloxía na Universidade Harvard. Destacan tamén os seus papeis en películas como Garden State, Closer, e V de Vendetta. Polo seu papel en Closer recibiu o Globo de ouro e foi nomeada ó Oscar.

No ano 2011 recibiu o Oscar á mellor actriz polo seu papel na película de Darren Aronofsky Black Swan.

Filmografía Filme Ano Papel Notas Léon 1994 Mathilda Developing 1994 Nina Curtametraxe de 23 minutos Heat 1995 Lauren Gustafson Beautiful Girls 1996 Marty Everyone Says I Love You 1996 Laura Dandridge Mars Attacks! 1996 Taffy Dale Star Wars Episode I: The Phantom Menace 1999 Padmé Amidala Anywhere but Here 1999 Ann August Where the Heart Is 2000 Novalee Nation Zoolander 2001 Si mesma cameo Star Wars Episode II: Attack of the Clones 2002 Padmé Amidala Cold Mountain 2003 Sara Garden State 2004 Samantha Closer 2004 Alice Ayres Star Wars Episode III: Revenge of the Sith 2005 Padmé Amidala Free Zone 2005 Rebecca V for Vendetta 2006 Evey Hammond Paris, je t'aime 2006 Francine Goya's Ghosts 2006 Inés Bilbatúa & Alicia My Blueberry Nights 2007 Leslie The Darjeeling Limited 2007 Jack's Ex-Girlfriend Hotel Chevalier 2007 Jack's Ex-Girlfriend Curtametraxe Mr. Magorium's Wonder Emporium 2007 Molly Mahoney The Other Boleyn Girl 2008 Anne Boleyn Love and Other Impossible Pursuits 2009 Emilia Greenleaf New York, I Love You 2009 Rifka Brothers 2009 Grace Cahill Hesher 2010 Nicole Black Swan 2010 Nina Sayers No Strings Attached 2011 Emma Kurtzman Your Highness 2011 Isabel Thor 2011 Jane Foster Premios Portman foi galardoada co Globo de Ouro á mellor actriz - Drama e co Óscar á mellor actriz pola súa intepretación no filme Black Swan, e co Globo de Ouro á mellor actriz secundaria por Closer. Tamén recibiu outros dous nomeamentos aos Premios Óscar: á mellor actriz secundaria por Closer e á mellor actriz por Jackie; así como dous nomeamentos máis aos Globos de Ouro: á mellor actriz secundaria por Anywhere but Here (1999) e á mellor actriz - Drama por Jackie.

Notas

Referencias

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Xerusalén Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de cinema de Israel Categoría:Actores de teatro de Israel Categoría:Actores infantís dos Estados Unidos de América Categoría:Actores infantís de Israel Categoría:Modelos femininas dos Estados Unidos de América Categoría:Modelos femininas de Israel Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudía Categoría:Estadounidenses de ascendencia polaca Categoría:Estadounidenses de ascendencia austríaca Categoría:Estadounidenses de ascendencia israelí Categoría:Estadounidenses de ascendencia romanesa Categoría:Israelís de ascendencia estadounidense Categoría:Israelís de ascendencia austríaca Categoría:Israelís de ascendencia polaca Categoría:Israelís de ascendencia romanesa Categoría:Israelís de ascendencia rusa Categoría:Óscar á mellor actriz