Sorano de Éfeso o Mozo (en grego antigo Σωρανός, en latín Soranus) foi un médico grego nativo da cidade de Éfeso. Viviu no século II ou III.

Traxectoria Segundo Suidas escribiu entre outras obras:

Johann Albert Fabricius di que lle correspondería o fragmento que aínda se conserva, e que podería formar parte da obra De Morbis Mulierum (Sobre as enfermidades das mulleres) (o autor é considerado metódico), mencionada por Aecio; e tamén en polo menos dous libros. Como o tratado De Morbis Mulierum menciona algúns médicos que viviron no século III, isto obrigaría a colocar este médico neste momento ou máis tarde.

De Methodo Medendi (Sobre o método da curación) escrito arredor de 178 sería outra obra dun Sorano, pero pola cronoloxía non encaixa ben nin con Sorano de Éfeso o Vello nin con Sorano de Éfeso o Mozo.

Outros traballos que poderían corresponder a calquera dos dous doutores Sorano de Éfeso:

1. , De Arte Obstetricia Morbisque Mulierum 2. , De Utero et Pudendo Muliebri 3. , De Signis Fracturarum 4. , De Fascis 5. , Vita Hippocratis 6. In Artem Medendi Isagoge

De Anima

Notas

categoría:nados en Éfeso Categoría:Xinecólogos Categoría:Personalidades de Éfeso na Antigüidade