O tesouro de Terreaux é un conxunto de moedas medievais europeas descuberto en 1993 na praza de Terreaux, na cidade francesa de Lión.

Descuberta O achado produciuse casualmente durante as obras de escavaxción previas á construción dun aparcadoiro subterráneo na praza de Terreaux, en Lión.Dhénin, M. et al. (1996).Zuili, T. (2022). "Lyon. Ce trésor était caché pendant des siècles sous la place des Terreaux". En Actu.fr. 10 de decembro.

Composición O tesouro está composto por 543 moedas de ouro e de prata, mais dous fragmentos de moedas, que apareceron no interior dunha vasilla de barro. Entre as 84 moedas de ouro, figuran cinco escudos de Filipe VI de Valois, dous moutons d'or de Xoán o Bo, un ducado veneciano e algúns floríns.Dumas, F.; Dubois, H. (2000). Páxina 256.

Segundo a datación das pezas, que proceden de diversos países europeos, o conxunto debeu ser soterrado cara a 1360, durante o transcurso da Guerra dos Cen Anos, polo que achega datos sobre os inicios do comercio internacional de Lión."Trésor des Terreaux". Musée des beaux-arts Lyon (Mba-lyon.fr).

O tesouro pasou a estar exposto no Gabinete de Medallas do Museo de Belas Artes de Lión.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Dhénin, M. et al. (1996). "Le trésor de Terreaux". En Bulletin des musées et monuments lyonnais. 1-2. Páxinas 50-63, 91-98, 99-109. Dumas, F.; Dubois, H. (2000). "Une énigme monétaire au XIVe siècle : mention d'écu dans un fouage de Normandie en 1374". En Revue numismatique. 6ª serie. Tomo 155.

Outros artigos

Tesouro

Categoría:Tesouros Categoría:Tesouros monetarios Categoría:Arqueoloxía en Francia Categoría:Guerra dos Cen Anos Categoría:Lión