Oenothera stricta é unha especie da familia das onagraceae.
En Galicia está catalogada como especie exótica invasora.Fichas identificativas de Especies exóticas invasoras
Descrición Planta de talo piloso, xaspeado de vermello, erecto, 50-150 cm, de follas basais oblanceoladas a lineais; follas caulinares estreitamente lanceoladas, de marxes onduladas, finamente dentadas. Pétalos amarelos que se volven avermellados, 2-4,5 cm; tubo calicino 1,5-3 cm, sépalos avermellados. Cápsula visiblemente alargada na súa metade superior, pilosa. Florece desde a primavera e ao longo do verán.
Hábitat Sobre dunas.
Distribución Orixinaria de Chile, e introducida en España, Portugal, Francia, Alemaña, Suíza, Italia e Rusia
Notas
Véxase tamén Bibliografía Polunin O. (1989): Flores Silvestres de España y Europa, Barcelona, Omega, ISBN 84-282-0857-3
Categoría:Plantas invasoras