Carlos Quintana Vázquez, nado en Arcos (Chantada) cara a 1914 e finado en Lugo o 30 de xuño de 1941, foi un xastre e guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Xastre en Arcos. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e ingresou no Depósito de Chantada o 7 de decembro de 1937. Pasou ao Cárcere de Lugo, de onde saíu o 21 de decembro. Foi novamente detido en 1941 acusado de atraco a man armada e asasinato do garda civil Rogelio González Coldeiro. Xulgado en Lugo por adhesión á rebelión o 25 de xuño de 1941 na causa 422/41, xunto con Salvador Gil Moure, Jesús López Suárez, Marcelino Sánchez Iglesias, Ramiro Rodríguez Díaz, Jaime González Fernández e Álvaro Vázquez N., foi condenado á pena de morte. Foi executado en Lugo o 30 de xuño de 1941 xunto con Marcelino Sánchez Iglesias, Ramiro Rodríguez Díaz, Jaime González Fernández e Álvaro Vázquez N.La Voz de Galicia, 2-7-1941, p. 2.El Progreso, 4-7-1941, p. 4. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en decembro de 1942.BOE, 27-3-1943, 1180.
Notas
Véxase tamén Ficha en Represión franquista en Lugo
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Chantada Categoría:Finados en 1941 Categoría:Nados en 1914