Nike Orion foi o nome dun modelo de foguete sonda estadounidense de propelente sólido desenvolvido nos anos 1970 usando unha primeira etapa Nike e unha segunda etapa Orion. Con 217 kN de impulso, podía elevar 68 kg de carga útil a 190 km de altura ou 204 kg a 90 km. O Nike funcionaba durante 3,2 segundos, mentres que o Orion o facía durante 32 segundos. Foi lanzado 180 veces para o estudo da atmosfera superior.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Orion Nike (foguete)

Categoría:Foguetes sonda