Jaime González Fernández, nado en Sabadelle (Chantada) cara a 1885 e finado en Lugo o 30 de xuño de 1941, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Veciño de Sabadelle. Foi detido en 1941 acusado de atraco a man armada e asasinato do garda civil Rogelio González Coldeiro. Xulgado en Lugo por adhesión á rebelión o 25 de xuño de 1941 na causa 422/41, xunto con Salvador Gil Moure, Jesús López Suárez, Carlos Quintana Vázquez, Marcelino Sánchez Iglesias, Ramiro Rodríguez Díaz e Álvaro Vázquez N., foi condenado á pena de morte. Foi executado en Lugo o 30 de xuño de 1941 xunto con Carlos Quintana Vázquez, Ramiro Rodríguez Díaz, Jaime González Fernández e Álvaro Vázquez N.La Voz de Galicia, 2-7-1941, p. 2.El Progreso, 4-7-1941, p. 4. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en decembro de 1942.BOE, 27-3-1943, 1180.

Notas

Véxase tamén Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Chantada Categoría:Finados en 1941 Categoría:Nados en 1885