José Cabalar Rodríguez, nado cara a 1917 e finado en Barbadás o 8 de maio de 1943, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

Veciño do Viso (Santo André de Penosiños, Ramirás). Foi detido pola Garda Civil o 23 de abril de 1941 e posto a disposición do gobernador civil de Ourense. Procesado na Causa 580/1942 de Ourense xunto con Josefa Augusto Rodríguez, José Rivera Losada e Andrés Rodríguez Pérez. Desertou do Cuartel de San Francisco en Ourense con José Rivera Losada o 5 de abril de 1943. Acusados de atracos en Ramirás e Barbadás, foron perseguidos e abatidos pola Garda Civil de Celanova o 8 de maio de 1943.El Correo Gallego, 13-5-1943, p. 3.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Represión franquista en Ourense

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en 1917

Categoría:Finados en 1943