Luis Fernández Álvarez, máis coñecido como Luis Álvarez, ás veces escrito Luís, nado en Salas o 1 de abril de 1853 e finado en Hawai (EUA) o 24 de maio de 1937, foi un médico de orixe asturiana que desenvolveu o seu propio tratamento contra a lepra e o aplicou en varias colonias de leprosos de California e Hawai.

Traxectoria Álvarez emigrou á Habana e máis tarde aos Estados Unidos. En 1887 graduouse en Medicina na Universidade Stanford e, tras un período en California, trasladouse a Hawái para traballar en leproserías. En 1895 costeouse un curso de bacterioloxía na Universidade Johns Hopkins e desenvolveu un método de diagnóstico da lepra que se converteu no estándar. Tamén creou un soro efectivo para o tratamento da enfermidade. Aceptou a invitación do goberno hawaiano para traballar nas colonias de leprosos fundadas polo pai Damien de Veuster, aprendeu hawaiano e integrouse na cultura local.

Foi nomeado Cónsul Honorario de España en Hawái por Afonso XIII. cargo que mantivo cando se trasladou aos Ánxeles, California, en 1903.Glen Basset, American Art Review, número de abril de 1999: Biografía de Mabel Alvarez .

Morreu en 1937 aos 84 anos, despois de dedicar a súa vida á investigación médica e tamén a varios negocios tabaqueiros, inmobiliarios e mineiros. Familia Foi o terceiro fillo de Eugenio Fernández, viticultor do infante Francisco de Paula, o que lle permitiu acceder a unha educación privilexiada. A súa nai morreu cando el tiña só tres anos, e perdeu ao seu pai aos sete anos despois dun accidente. Con trece anos, emigrou á Habana co seu irmán Celestino.

En 1878, mentres vivía en Minnesota, casou con Clementina Schutze, filla dun mariñeiro prusiano de familia de artistas, e establéronse en California.

Os descendentes de Luis F. Álvarez tomaron o seu segundo apelido.

A súa filla Mabel Álvarez foi unha coñecida pintora impresionista e o seu fillo Walter C. Álvarez foi médico nos EUA.

Un dos seus netos, Luis Walter Álvarez, foi un dos científicos encargados do Proxecto Manhattan, Premio Nobel de Física en 1968 e impulsor, xunto co seu fillo Walter Alvarez, da teoría do meteorito como causante da extinción dos dinosauros.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lepra Asturianos nos EUA

Categoría:Nados en 1853

Categoría:Finados en 1937 Categoría:Médicos dos Estados Unidos de América Categoría:Inventores dos Estados Unidos de América Categoría:Personalidades sen imaxes