Manuel Pérez Goyanes, nado en Monforte de Lemos o 13 de novembro de 1901 e finado no mesmo concello o 3 de outubro de 1941, foi un ferroviario galego.

Traxectoria Fillo de Cándido Pérez Higuera, garda civil, e Dolores Goyanes González. Factor ferroviario. Foi trasladado á estación de Monforte de Lemos en xaneiro de 1935.El Pueblo Gallego, 12-1-1935, p. 12 . Acusado dunha sabotaxe ferroviaria na estación de Monforte de Lemos que non causou vítimas, foi xulgado na Causa 639/1941 por un delito contra a seguridade do Estado xunto a Manuel Valcárcel Castro. Manuel Valcárcel foi absolto e Manuel Pérez foi condenado a morte. Foi fusilado no Campo do Freixo de Monforte de Lemos o 3 de outubro de 1941.La Voz de Galicia, 12-10-1941, p. 2.El Correo Gallego, 12-10-1941, p. 6."La última ejecución pública en Monforte se llevó a cabo en octubre de 1941", La Voz de Galicia, Monforte, 29-10-2003, p. Ll2.

Vida persoal

Casou na Coruña con Filomena Boado González en 1929.El Ideal Gallego, 2-8-1929, p. 3.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1901

Categoría:Finados en 1941 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos