A Fundación Amadeu Antonio, en alemán Amadeu Antonio Stiftung (AAS) é unha fundación (Stiftung) alemá sen ánimo de lucro de dereito civil con sede en Heidelberg e oficina en Berlín. Foi fundada en 1998 por iniciativa de Anetta Kahane e leva o nome de Amadeu Antonio Kiowa, unha das primeiras vítimas da violencia de extrema dereita en Alemaña desde a reunificación en 1990.Amadeu Antonio-Stiftung gegründet. taz, 14. Dezember 1998; Amadeu Antonio Stiftung: Geschichte der Stiftung.

A fundación quere fortalecer a sociedade civil en Alemaña contra o antisemitismo, o racismo e o extremismo de dereitas. Para iso, apoia financeiramente máis de 1000 iniciativas e proxectos locais de cultura xuvenil, escolas, protección das vítimas, iniciativas para os refuxiados ou proxectos de democracia, a través da educación, as relacións públicas e as redes comunitarias. Tamén apoia ofertas de axuda para aqueles que abandonaron a escena neonazi. Máis recentemente, co apoio do Ministerio Federal de Asuntos da Familia, a fundación tamén creou unha oficina de denuncia en temas feministas.

Estrutura O doador (Stifter) é Karl Konrad von der Groeben.Amadeu Antonio Stiftung: Der Stifter: Karl Konrad Graf von der Groeben (†). O patrón é Wolfgang Thierse, expresidente do Bundestag alemán.Mut braucht Geld: Wie Bürgerinitiativen trotz Angst und knapper Mittel Rechtsradikalismus bekämpfen. Der Spiegel, 14. August 2000 A Fundación Amadeu Antonio actualmente (2022) conta con 120 empregados a tempo completo. Desde a súa creación, foi apoiado, asesorado e promovido pola Fundación Freudenberg. Colaborou co Ministerio Federal de Asuntos da Familia, Terceira Idade, Muller e Xuventude en campañas contra o neonazismoAmadeu Antonio Stiftung: Transparenz. e colabora con numerosas organizacións social alemás e internacionais en esforzos contra o racismo, incluíndo entidades educativas, de memoria histórica e de diversidade dos medios (representación de diversas voces e perspectivas nos medios de comunicación).Amadeu Antonio Stiftung: Partner, Netzwerke, Mitgliedschaften. Financiamento A Fundación é financiada polo programa federal "Demokratie leben!" ("Vivir a Democracia") do Ministerio Federal Alemán para a Familia, Maiores, Mulleres e Xuventude, ademais de recibir doazóns, incluíndo chamadas da revista Stern que anima aos seus lectores a contribuír financieiramente. No ano 2018, a fundación tivo ingresos de 4,33 millóns de euros, dos cales 2,77 millóns eran subvencións estatais e 1,52 millóns proviñan de doazóns; gastou 3,68 millóns en cumprir co seu obxectivo fundacional, e principalmente en gastos de persoal (2,14 millóns euros) e outros custos operacionais.Ergebnisrechnung für die Zeit vom 1. Januar bis 31. Dezember 2018. Amadeu Antonio Stiftung Heidelberg.

En 2016, a fundación apoiara máis de 1.000 iniciativas para a protección e apoio das vítimas e para aqueles que abandonaran a escena neonazi, e proxectos locais na 'cultura xuvenil democrática', escolas, redes comunitarias etc. Proxectos

Contra o racismo e antisemitismo Dende 2003, a fundación desenvolve e proba conceptos contra as formas actuais de antisemitismo, que presenta nunha páxina web. Dende entón, organiza semanas de acción contra o antisemitismo cada ano arredor do aniversario dos Novemberpogrome en toda Alemaña, en colaboración con numerosas iniciativas da sociedade civil.Aktionswochen gegen Antisemitismus: Mehr rechtsextreme Straftaten. In: Der Tagesspiegel, 5. November 2008. Aktionswoche gegen Antisemitismus mit 350 Veranstaltungen. In: Die Welt, 6. November 2014. Expertenkreis Antisemitismus: Antisemitismus in Deutschland: Erscheinungsformen, Bedingungen, Präventionsansätze: Bericht des unabhängigen Expertenkreises Antisemitismus. Bundesministerium des Innern, Berlin 2011, S. 25.

Desde xaneiro de 2015, a fundación é patrocinadora e socia do Centro de Investigación e Información sobre o Antisemitismo de Berlín e cofundou o Netzwerk zur Erforschung und Bekkämpfung des Antisemitismus.Martin Krauss: Gründung: „Einen anderen Akzent setzen“. Neues Netzwerk will Antisemitismus erforschen und bekämpfen. In: Jüdische Allgemeine, 5. März 2015.

O proxecto ju: an (centro de prácticas para o traballo xuvenil crítico co antisemitismo e o racismo) ofrece aos educadores e especialistas en traballo aberto xuvenil asesoramento, adestramento e formación continua sobre o manexo pedagóxico do antisemitismo e o racismo.

Contra o extremismo de dereitas En resposta ao aumento dos ataques contra os inmigrantes, a revista Stern comezou a facer campaña de 'coraxe contra a violencia da dereita''' no ano 2000, cunha serie de concertos de rock. Stern pediu doazóns á Fundación Amadeu Antonio, o que lles permitiulles cofundar o proxecto Exit-Deutschsland. En abril de 2003, da cooperación entre a fundación e a revista Stern xurdiu o portal de Internet mu-gegen-rechte-gewalt.de (premio de medios alternativos en 2007) que ofrece ampla información sobre o extremismo de dereitasBritta Kollberg, Cordula Mäbert, Herbert Weber: „– dann hab’ ich mir das Hitlerbärtchen abrasiert“: Exit – Ausstieg aus der rechtsextremen Szene.

Desde 2005, a fundación apoia os concertos da campaña " Laut gegen Nazis" e publicou un audiolibro sobre iso. Despois de que en 2011 se coñecese a serie de asasinatos do grupo terrorista de extrema dereita National Socialist Underground (NSU), a fundación organizou en decembro un concerto "Rock gegen Rechts" en Jena xunto con Udo Lindenberg, Peter Maffay e outros músicos.

A fundación tamén publica estatísticas, que son constantemente comprobadas e actualizadas, sobre as vítimas por violencia de extrema dereita no sitio Mut gegen rechte Gewalt.

Xénero O xénero e o extremismo de dereita son unha das principais áreas de atención da fundación.Wolfgang Frindte, Daniel Geschke, Nicole Haußecker, Franziska Schmidtke (Hrsg. Heike Radvan: Gender und Rechtsextremismusprävention. O departamento homónimo (Gender und Rechtsextremismus) estuda o papel crecente das mulleres en contextos neonazis e desenvolve estratexias de apoio para educadores que traballan con nenos e pais influenciados por ideoloxías neonazis. O obxectivo tamén inclúe a educación cidadá.

Proxectos rexionais miniatura| Logo da campaña (Kein Ort für Neonazis = Ningún lugar para os neonazis). O proxecto Non hai lugar para os neonazis formouse en 2009. Tenta dar a coñecer os problemas dos partidos de ultradereita nos parlamentos estatais e nos consellos de distrito para crear redes sociais, axudar aos proxectos cidadáns locais, educar sobre a propaganda da extrema dereita e mobilizarse contra as marchas e eventos neonazis.Gideon Botsch, Josef Haverkamp (Hrsg. En 2008, a fundación traballou por primeira vez coa Brandenburg Action Alliance no distrito de Barnim, en 2009 en Turinxia e en 2010/2011 en Mecklemburgo-Antepomerania.

O proxecto Region in Aktion promove o compromiso da xente e a cooperación entre a administración e a sociedade civil, especialmente en Brandeburgo e Antepomerania.Lola für Lulu é un proxecto a longo prazo da fundación no distrito de Ludwigslust (Mecklemburgo-Pomerania Occidental). Preténdese sensibilizar ás mulleres e nenas que viven alí sobre o extremismo de dereitas e os modelos a seguir, capacitarlles para opoñerse a eles e activar unha cultura democrática equitativa de xénero. Isto inclúe obradoiros, asesoramento e apoio a proxectos locais.Ursula Birsl (Hrsg.

De 2001 a 2006, puxo en marcha o proxecto CIVITAS, aprobado pola Cámara de Representantes de Berlín, centrado na loita contra o extremismo de dereitas nos novos estados federais. En 2002, a fundación fixo posible que a "Rede para a Cultura Democrática" (NDK) en Saxonia comprase unha vivenda que abriu en 2006 convertida en centro democrático contra as tendencias extremistas. Nese mesmo ano, organizou unha xira con músicos afro-alemáns dos Brothers Keepers por lugares dominados por extremistas da dereita para falar do racismo cotián e da violencia da dereita nas escolas. En 2003, a fundación apoiou e establecemento da fundación comunitaria Barnim-Uckermark en Brandeburgo.

Dende 2015, Stephan J. Kramer, membro do consello da fundación AAS, dirixe a Oficina para a Protección da Constitución en Thüringen. A súa nomeación, destinada a reforzar o control democrático da axencia, foi criticada por varias organizacións que a viron como unha colaboración coa AAS, algo que a fundación negou. Ademais, en 2016, a AAS recibiu a responsabilidade de liderar un novo instituto de investigación sobre democracia e sociedade civil, a pesar das críticas de partidos de ultradereita como a AfD e preocupacións de que poida substituír a Oficina para a Protección da Constitución. O director subliñou que o traballo é empírico, que ninguén será observado e que se investigará o ultradereitismo, a misantropía, o extremismo islámico, a homofobia e o sexismo.

Internet De 2006 a 2010, a fundación publicou sitios en cooperación coa Axencia Federal de Educación Cívica.Redaktion. Dende 2009, a fundación AAS xunto co semanario Die Zeit opera o portal Belltower.News en 2017, que serve como unha base de datos sobre actividades neonazis e ofrece consello para tratar co ultradereitismo. Ademais, a fundación lanzou varias iniciativas como a "Semana de Acción Redes Sociais contra os Nazis" e o proxecto educativo no-nazi.net en 2011, destinados a combater a propagación do discurso de odio.Alice Lanzke: Viraler Hass: Rechtsextreme Wortergreifungsstrategien im Web 2.0. En 2012 fundou o portal Fussball-gegen-Nazis.de para combater varias formas de discriminación no fútbol. Klaus Blume: Tatort Fankurve: Fußball, Gewalt und Rechtsextremismus.

Protección e apoio a vítimas O Opferfonds Cura foi creado a raíz da Aktion Cura, iniciada en 1993 tras o atentado mortal de Mölln, Schleswig-Holstein, para recadar fondos para as vítimas de violencia de extrema dereita.Orkan Kösemen, Britta Schellenberg (Hrsg. En 2004, a fundación asumiu a súa xestión. O fondo documenta máis vítimas de violencia de dereitas que o goberno federal, incluíndo non só estranxeiros, senón tamén persoas con discapacidades, sen teito e socialmente marxinadas.Fabian Virchow, Martin Langebach, Alexander Häusler (Hrsg.

En 2015, a fundación lanzou "Schutzschild", unha iniciativa para protexer a refuxiados en rexións rurais do leste de Alemaña de acoso e violencia. O obxectivo é fortalecer as organizacións de refuxiados e promover a súa integración na sociedade civil. Xunto con Pro Asyl, está a crear unha crónica anual de incidentes contra refuxiados en Alemaña.Konstanze Ameer: Faktencheck: Übergriffe auf Geflüchtete: „Aktion Schutzschild“.

Feminismo

Dende febreiro de 2023, AAS xestiona o proxecto Meldestelle Antifeminismus para recoller casos de ataques e incidentes antifeministas. O proxecto, financiado con 133.000 euros polo Ministerio Federal de Familia, permite que as persoas informen sobre discriminación de xénero e ataques físicos. O Ministerio indicou que o portal advirte contra a divulgación de datos persoais, minimizando así o risco de abuso.

Judith Rahner e a exministra Kristina Schröder, que criticou o portal, debateron sobre a linguaxe non sexista en medios públicos. Rahner sinalou que estaban investigando os críticos desta práctica, argumentando que poden ter axendas ocultas. Matthias Heine criticou esta postura como conspiratoria. Premios

En setembro de 2015, o parlamento estatal de Baden-Württemberg e a comunidade relixiosa xudía de Württemberg concederon á fundación a medalla Joseph Ben Issachar Süßkind Oppenheimer. Amadeu Antonio Stiftung erhält Preis gegen Minderheitenfeindlichkeit. En novembro de 2015, a fundación recibiu o Premio da Paz Lothar Kreyssig polo seu compromiso coa migración, a inmigración e unha exitosa cultura de acollida. En decembro de 2016 o Bul le Mérite da Asociación de Investigadores Criminais Alemáns.