O Centro de Cultivos Mariños é unha sección do Centro de Investigacións Mariñas, dependente da Consellaría do Mar da Xunta de Galicia. Ten a súa sede no peirao de Porcillán, en Ribadeo. En 2023 a súa directora é Dorotea Martínez Patiño. Función e organización A súa función básica é o desenvolvemento de investigacións encamiñadas a conseguir unha xestión racional e eficiente dos recursos mariños renovables no ámbito xeográfico de competencia da Administración autonómica de Galicia.
Dispón dunha biblioteca, duns 700 volumes, para o persoal, mais de acceso público con carácter restrinxido. A súa evolución caracterízase pola estabilidade: en 2015 contaba con 19 postos de traballo (incluídos bolseiros e persoal de mantemento), pasando a 20 en 2020.
Produción Nos 1990 logrou a reprodución de coquina para o seu cultivo nas rías galegas. Entre 2018 e 2023 produciu máis de 12 millóns de sementes de moluscos bivalvos para a súa implementación nas rías. No 2023 está a traballar en investigacións relacionadas co ourizo, ostra, macroalgas ou os bancos naturais das distintas rías.
Notas
Categoría:Institutos e centros de investigación de Galicia Categoría:Ribadeo Categoría:Xunta de Galicia Categoría:Ribadeo sen imaxes