Vagharshapat (en ) é a cuarta meirande cidade de Armenia e a máis poboada da provincia de Armavir. Atópase a uns 18 km ao oeste da capital do país Iereván, e a uns 10 km ao norte da fronteira entre Turquía e Armenia. Tamén é coñecida como Ejmiatsin (ou escrito como Echmiadzin e Etchmiadzin, en , ɛt͡ʃʰmjɑˈt͡sin), que foi o nome oficial entre 1945 e 1995. Aínda se usa de maneira habitual, coloquialmente e na burocracia oficial, sendo un caso de dobre nome.

A cidade é máis coñecida como a sé da catedral de Etchmiadzin e da Santa Sé de Etchmiadzin, o centro da Igrexa apostólica armenia. Polo tanto, é coñecida extraoficialmente nas fontes occidentais como unha "cidade santa" e en Armenia como a "capital espiritual" do país. Foi unha das principais cidades e a capital do antigo Reino de Armenia.James R. Russell. Zoroastrianism in Armenia. — Harvard University Press, 1987. — P. 118. Reducida a unha pequena cidade a comezos do século XX, experimentou unha grande expansión durante o período soviético converténdose, efectivamente, nun suburbio de Iereván. A súa poboación supera os 37.000 habitantes segundo as estimacións de 2016.

Patrimonio cultural Patrimonio da Humanidade da UNESCO miniatura|upright=1.2|Catedral de Etchmiadzin. En 2000, as igrexas de Vagharshapat, xunto coas achegadas ruínas da catedral de Zvartnots, foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. As igrexas principais inclúen: Catedral de Etchmiadzin (en Mayr Tachar Surp Ejmiatsin) – A "Catedral Nai" foi construída por Gregorio o Iluminador como unha basílica abovedada entre 301 e 303, cando Armenia acababa de adoptar o cristianismo como relixión estatal, converténdoa nunha das igrexas máis antigas do mundo. A igrexa foi ampliada repetidamente, especialmente nos anos 480, 618 e 1658. Igrexa de Santa Hripsime – A igrexa foi erixida en 618 polo Catholicos Gomidas sobre un mausoleo existente que contén os restos da santa martirizada Hripsimé. Segundo o historiador armenio do século XVII Arakel de Tabriz, cando a igrexa foi renovada durante 1651–1653 polo Catholicos Filipe I, colocouse unha cruz enriba do tellado e engadiuse un pequeno pórtico no lado occidental. É unha das poucas igrexas armenias que permaneceron activas durante o período da Unión Soviética. Igrexa de Santa Gaiane – Construída en 630 polo Catholicos Ezra I, Santa Gaiane é unha basílica abovedada de tres naves cun tambor octogonal que descansa sobre catro piares internos que dividen o interior da igrexa en tres. O seu deseño mantívose inalterado a pesar das reformas parciais da cúpula e dalgúns teitos en 1652. Igrexa de Shoghakat – Que significa "pinga de luz", Shoghakat é unha basílica abovedada dunha soa nave, construída e rematada en 1694 polo príncipe Aghamal Sorotetsi durante o período do Catholicos Nahabed I. Está construído con pedras de toba vermella e negra, erixidas sobre os restos dunha basílica do século VI. Os restos dunha pequena capela do século IV puideron verse no extremo suroeste da igrexa de San Shoghakat.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial Cathedral and Churches of Echmiatsin and the Archaeological Site of Zvartnots UNESCO Collection on Google Arts and Culture

Categoría:Cidades de Armenia Categoría:Cidades santas