Jesús Quindós Pardo, nado en Cervantes cara a 1895 e finado no mesmo concello o 8 de marzo de 1959, foi un político galego.
Traxectoria Empresario en Savane. Foi elixido concelleiro de Cervantes nas eleccións do 12 de abril de 1931,BOP Lugo, 15-4-1931, p. 3. e foi segundo tenente alcalde.BOP Lugo, 6-4-1934, p. 2. Vicepresidente da Agrupación Republicana Agraria en 1934. Co triunfo da Fronte Popular foi nomeado alcalde de Cervantes. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu. Estivo agochado. Entregouse ás autoridades franquistas a mediados de 1939. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1937,BOP Lugo, 21-12-1937, p. 1. e foi sancionado cunha multa de 1 500 pesetas e cinco anos de inhabilitación en 1942.BOE, 26-3-1942, p. 1580-1581. Finou en Cervantes o 8 de marzo de 1959 con 63 anos e foi soterrado no cemiterio de Quindous.Necrolóxica en El Progreso, 10-3-1959, p. 3.
Vida persoal
Casou con Florinda Digón e foi pai de María de los Ángeles Quindós Digón. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo
Categoría:Alcaldes de Cervantes
Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Cervantes Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1959