A Universidade das Primeiras Nacións do Canadá (en ; abreviado como FNUniv) é un institución post-secundaria e unha universidade federada da Universidade de Regina, que ten a súa sede na provincia canadense de Saskatchewan. A universidade conta con tres campus dentro da provincia, en Prince Albert, Regina e Saskatoon. A universidade ofrece programas académicos en empresariais, humanidades, ciencias sociais e ciencias; incluíndo unha serie de programas centrados en prácticas aborixes.
A institución ten como orixe o Saskatchewan Indian Federated College (SIFC), un colexio federado estabelecido en maio de 1976 mediante un acordo entre a Federación de Nacións Indíxenas de Saskatchewan e a Universidade de Regina. En xuño de 2003, a institución pasou a chamarse FNUniv, e o seu novo campus de Regina abriu a finais dese ano.
Historia miniatura|dereita|O antigo edificio do campus de Saskatoon no barrio de City Park de Saskatoon. O edificio albergou o campus de Saskatoon de 1994 a 2010. FNUniv orixinouse do Saskatchewan Indian Federated College. O Saskatchewan Indian Federated College estivo afiliado á University of Regina desde a súa fundación en 1976. O SIFC foi establecido a través dun acordo entre a Federación de Nacións Indias de Saskatchewan e a Universidade de Regina formalizado en maio de 1976, coa intención declarada de atender "as necesidades académicas, culturais e espirituais dos estudantes das Primeiras Nacións".SaskNetWork – Federated Colleges
O 23 de xuño de 2003, baixo a dirección do reitor da universidade Eber Hampton, a institución pasou a chamarse FNUniv. O conde de Wessex inaugurou o campus de Regina da universidade en 2003.
A Nación Cree Star Blanket propuxo un plan para declarar a propiedade da institución unha reserva india urbana en virtude dun Acordo de Dereitos de Terras do Tratado de Saskatchewan no que participan Star Blanket, os gobernos provincial e federal. Os membros da banda da Nación Star Blanket votaron por unanimidade a prol deste plan durante un referendo de 2008.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Universidade de Regina Categoría:Primeiras Nacións