André Jean Chastagnol, nado en París o 21 de febreiro de 1920 e finado na mesma cidade o 2 de setembro de 1996, foi un historiador, epigrafista, numismático e catedrático universitario francés.
Traxectoria
Primeiros anos e formación André Chastagnol cursou o seu ensino secundario no Lycée Lakanal, en Sceaux, no departamento francés de Altos do Sena, e posteriormente licenciouse en Historia e Xeografía na Universidade de París.Carrié, J-M.; Duval, N. (1997) . Páxina 14.
Logo da súa etapa formativa e de acadar a súa acreditación docente, exerceu como profesor durante unha década, primeiro no Lycée de Châteauroux (1946-1950) e despois no Lycée Hoche de Versalles (1950-1956).
En 1960 acadou o seu doutoramento, coa defensa dunha tese acerca da prefectura urbana en Roma durante o Baixo Imperio,Loriot, X.; Nony, D. (1997). Páxina 7.Catinchi, P-J. (1996).Véxase "(1960)" na sección "Publicacións". que iniciara en 1941 baixo a dirección do arqueólogo e historiador André Piganiol e que logo continuou a partir de 1947 con William Seston como director.
Traxectoria universitaria Chastagnol acadou en 1956 a condición de investigador asociado no Centro Nacional de Investigación Científica (CNRS, polas súas siglas en francés), que abandonou axiña, cando se lle abriu a posibilidade da docencia universitaria. En 1957 exerceu a docencia en Alxer, onde dedicou unha serie dos seus estudos á epigrafía da África romana, que foron o xermolo da posterior publicación de L'Album municipal de Timgad, en 1978.Véxase "(1978)" na sección "Publicacións".
A partir do seu doutoramento en 1960 foi profesor na Universidade de Rennes, compartindo departamento con Jean Delumeau, Pierre Goubert, Pierre Riché e François Villard. Logo de pasar un semestre na Universidade de Princeton en 1963, en 1965 trasladouse como profesor á Universidade Paris-Nanterre, onde fundou o Centro de Investigacións sobre a Antigüidade Tardía e a Alta Idade Media, xunto con Pierre Riché.Carrié, J-M.; Duval, N. (1997) . Páxinas 14-15. Finalmente, en 1969 trasladouse á Université Paris-Sorbonne (Paris 4), á que estivo vinculado ata que puxo fin á súa carreira como catedrático coa súa xubilación en 1986.Carrié, J-M.; Duval, N. (1997) . Páxina 15."André Chastagnol (1920-1996)". En Cahiers du Centre Gustave Glotz. 1997. VIII. Páxinas 7-8.
Paralelamente ao exercicio da súa cátedra, Chastagnol sucedeu en 1980 a Hans-Georg Pflaum como director do seminario de Epigrafía Latina da École pratique des hautes études,Gascou, J. (1996). da que logo pasou a ser profesor emérito.
Actividade científica As súas obras acerca do Baixo Imperio romano e a Antigüidade tardía convertéronse en referencia e mantiveron a súa autoridade. Chastagnol interesouse en especial pola Historia Augusta, que traduciu, e a cuxo estudo contribuíu decisivamente.
André Chastagnol foi membro da Sociedade Francesa de Numismática desde 1965, de cuxa xunta directiva formou parte a partir de 1971, en condición de presidente entre 1977 e 1979.Le Rider, G. et al. (1965). "La Société française de numismatique : 1865-1965". En Revue Numismatique. 1965. Páxina 24."Les présidents de la SFN". Société française de numismatique (Sfnumismatique.org). Tamén formou parte do comité de redacción da revista desta sociedade, Revue numismatique, na que publicou catro dos seus artigos.Loriot, X.; Nony, D. (1997). Páxina 8.
Entre a súa actividade en institucións e sociedades eruditas, cabe destacar tamén o seu papel como copresidente do comité editorial de L'Année épigraphique (1974-1992) e como membro do Instituto de Dereito Romano, da Pontificia Academia Romana de Arqueoloxía, da Academia Polaca de Ciencias, do Instituto Arqueolóxico Alemán, da Sociedade de Estudos Latinos (presidente en 1975) e da Sociedade Nacional de Anticuarios de Francia (presidente en 1980).
Chastagnol mantivo unha forte vinculación co Centro Gustave-Glotz, de París, onde presentou algunhas das súas investigacións e onde, en 1976, organizou xunto con Claude Nicolet e Henri van Effenterre a conferencia “Exércitos e impostos no mundo antigo”. Tamén foi presidente da Asociación de Amigos do Centro Glotz.
A súa participación nos Congresos de Historia Augusta tamén foi habitual, desde o segundo, en 1963, ata o celebrado en 1994 en Maria Laach, Bonn.
É de salientar a colaboración asidua de Chastagnol na revista L'Année Epigraphique, de cuxa dirección se encargou a partir de 1975 xunto con Jean Gagé, Marcel Leglay e Hans-Georg Pflaum.Carrié, J-M.; Duval, N. (1997) . Páxina 17. Tamén pertenceu ao comité de dirección de Antiquités africaines entre 1976 e 1994, unha revista na que publicou varias investigacións relevantes.
A rica biblioteca de Chastagnol foi cedida á Sorbona, e pasou a formar parte da Biblioteca de Serpente."Bibliothèque de Serpente". Lettres.sorbonne-universite.fr
André Chastagnol finou en París o 2 de setembro de 1996.
Publicacións A obra de Chastagnol é moi abundante, con máis de 200 referencias entre artigos e monografías. Esta é unha escolma os traballos monográficos publicados por el ao longo da súa traxectoria:"Bibliographie africaine d'Anfré Chastagnol". En Antiquités africaines. Vol. 32. Páxina 8."Chastagnol, André (1920-1996)". Persee.fr"L’œuvre d'André Chastagnol". En Ktèma. Vol. 26.? 2001. Páxinas 163-237.
(1960). La préfecture urbaine à Rome sous le Bas-Empire. Presses Universitaires de France, París. (1962). Les Fastes de la préfecture de Rome au Bas-Empire. Nouvelles Éditions Latines, París. (1966). Le Sénat romain sous le règne d'Odoacre. Recherches sur l’épigraphie du Colisée au Ve siècle. R. Habelt, Bonn. (1969). Le Bas-Empire. Armand Colin, París. (1970). Recherches sur l'Histoire Auguste. R. Habelt, Bonn. (1976). La fin du monde antique. De Stilicon à Justinien (ve siècle et début VIe). Recueil de textes présentés et traduits, Paris, Nouvelles Éditions Latines. ISBN 978-2723305266 (1978). L'Album municipal de Timgad. R. Habelt, Bonn. ISBN 9783774913912 (1985). L'évolution politique, sociale et économique du monde romain de Dioclétien à Julien: La mise en place du régime du Bas-Empire (284-363). SEDES, París. ISBN 978-2718118482 (1987). L'Italie et l'Afrique au Bas-Empire. Presses universitaires de Lille. ISBN 9782865310289 (1992). Inscriptions latines de Narbonnaise : Antibes, Riez, Digne. CNRS París. (1992). Le Sénat romain à l'époque impériale. Les Belles Lettres, París. ISBN 978-2251380186 (1994). Aspects de l’antiquité tardive. L'Erma di Bretschneider, Roma. ISBN 978-8870628623 (1994). Histoire Auguste. Les empereurs romains des IIe et IIIe siècles. Laffont, París. ISBN 9782221057346 (1995). La Gaule romaine et le droit latin: recherches sur l'histoire administrative et sur la romanisation des habitants. De Boccard, París. ISBN 978-2904974137 (2008). Le pouvoir impérial à Rome. Figures et commémoration. Droz, París. ISBN 978-2600013437
Notas
Véxase tamén Bibliografía "André Chastagnol (1920-1996)". En Cahiers du Centre Gustave Glotz. 1997. VIII. Páxinas 7-8. Callu, J-P. (1997). "André Chastagnol (1920-1996)". En Revue des études latines. 74- Páxinas 25-26. Carrié, J-M.; Duval, N. (1997). "André Chastagnol ". En Antiquité Tardive. Vol. 5. Páxinas 14-20. Catinchi, P-J. (1996). "André Chastagnol un spécialiste de l'Empire romain tardif". En Le Monde. 6 de setembro. Crifò, G. (dir) (2001). XIII Convegno Internazionale. In memoria di André Chastagnol, Actas de Accademia Romanistica Costantiniana (Perugia, 1-4 oct 1997). Edizioni Scientifiche Italiane, Nápoles. ISBN 9788849500455 Gascou, J. (1996). "André Chastagnol (1920-1996)". En Antiquités africaines. Vol. 32. Páxina 7. Loriot, X.; Nony, D. (1997). "André Chastagnol (1920-1996)". En Revue numismatique. 152-6. Páxinas 5-8. Panciera, S. (2006). "André Chastagnol (1920-1996)". En Panciera, S. Epigrafi, epigrafia, epigrafisti. Scritti vari editi e inediti (1956-2005). V. 2, Quasar, Roma. Páxinas 1.579-1.582. ISBN 978-8871403069
Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 1996 Categoría:Nados en París Categoría:Historiadores de Francia Categoría:Historiadores de Historia Antiga Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Epigrafistas Categoría:Alumnos da Universidade de París Categoría:Profesores da Universidade de París-Sorbona Categoría:Profesores da École pratique des hautes études Categoría:Profesores da Universidade de Rennes Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Francia Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Membros do Instituto Arqueolóxico Alemán Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Presidentes da Sociedade Francesa de Numismática