Juan Bonilla, nado en Xerez da Fronteira (provincia de Cádiz) o 11 de agosto de 1966, é un escritor e tradutor español.
Traxectoria Estudou xornalismo en Barcelona.
A súa primeira obra, El que apaga la luz, foi publicada en 1994 na Editorial Pre-Textos. Era unha recompilación de relatos que foi seleccionada por unha enquisa realizada por revísta Quimera entre críticos, académicos e escritores como un dos mellores libros de relatos da literatura española do século XX. Tamén o diario El País incluíu, no ano 2000, El que apaga la luz entre os libros máis destacados dos últimos vinte e cinco anos.
En 1996 publicou en Edicións B a novela Nadie conoce a nadie, que ten como paisaxe a cidade de Sevilla durante a Semana Santa e como asunto as relacións entre ficción e realidade a través dun xogo de rol. A novela foi levada ao cine en 1999 por Mateo Gil co mesmo título e con Eduardo Noriega, Paz Vega e Jordi Mollà como protagonistas. A película foi un grande éxito, continuado por un suceso sorprendente: no ano 2000, ano no que se sitúa a acción da novela, aconteceron na Madrugá da Semana Santa de Sevilla, uns feitos moi parecidos aos narrados na obra, como inspirados por ela.
En 2021, publicouse unha nova versión da novela co título Nadie contra nadie (Seix Barral).
En 2003 publicou a súa novela Los príncipes nubios (Seix Barral), que foi posteriormente traducida a sete idiomas. O director mexicano Alfredo De Vila comprou os dereitos para a súa versión cinematográfica.
En 2013 publicou a novela Prohibido entrar sin pantalones (Seix Barral) que ten por protagonista ao poeta futurista ruso Vladímir Mayakovski. A novela foi galardoada ao ano seguinte co I Premio Bienal de Novela Mario Vargas Llosa, dotado con 100.000 dólares e unha escultura do artista peruano Fernando de Szyszlo. En 2021 a revista Esquire elixiuno como un dos dez libros da década do 2010.
En 2015 a Fundación BBVA concedeulle unha das súas Axudas á Creación para a escritura dunha nova novela sobre a artista mexicana Nahui Olin. A novela, publicada en 2019 por Seix Barral co título de Totalidad sexual del cosmos, foi galardoada ao ano seguinte co Premio Nacional de Literatura.
En 2021 concedéuselle o premio "Cidade de Xerez" pola súa traxectoria.
Como xornalista, dirixiu os suplementos literarios Citas, de Diario de Jerez, xunto a José Mateos (1989-1992); e La Mirada, do Correo de Andalucía, xunto a Francisco Lira (1993-94). Foi xefe de informativos de Radio América, redactor xefe de Ajoblanco e coordinador da revista Zut, de cuxas edicións foi director literario. Colaborou na revista Jot Down e dirixiu a revista Cale do Aire.
Foi comisario de distintas exposicións: Futurismo e conta nova (Instituto do Libro de Málaga, 2009), Baldomero Pestana: La verdad entre las manos (Instituto Cervantes, 2018), La cámara de hacer poemas (Biblioteca Nacional de España, PhotoEspaña, 2018), Fotolibro Andaluz (CICUS, 2019).
Obras
Poesía
Partes de guerra (1994). Editorial Pre-Textos El belvedere (2002). Editorial Pre-Textos Buzón vacío (2006). Editorial Pre-Textos Defensa Personal. Antología poética (1992-2006) (2007). Editorial Renacimiento Cháchara (2010). Editorial Renacimiento Hecho en falta. Poesía reunida (2010). Editorial Visor Poemas pequeñoburgueses (2016). Editorial Renacimiento Horizonte de sucesos (2021). Editorial Renacimiento Poemas (2023). La Veleta, Comares
Relatos
El que apaga la luz (1994). Editorial Pre-Textos; ed. ampl.: Pre-Textos, 2009 La compañía de los solitarios (1999). (inclúe a novela El mejor escritor de su generación), Editorial Pre-Textos La noche del Skylab (2000). Editorial Espasa Calpe; reed.: Círculo de Lectores, 2002; Booket, 2008 El estadio de mármol (2005). Editorial Seix Barral Tanta gente sola (2009). Seix Barral; reed.: Booket, 2011, 2013 Una manada de ñus (2013). Editorial Pre-Textos
Novelas
Yo soy, yo eres, yo es... (1995). Ediciones Imperdonables, reed.: Planeta, 1998; Seix Barral, 2003; ed. ilust.: Luces de Gálibo, 2016 Nadie conoce a nadie (1996). Ediciones B; reed.: Círculo de Lectores, 1997; Ediciones B, 1999; Punto de Bolsillo, 2000; reeditada en 2021 en nova versión por Seix Barral co título de Nadie contra nadie Cansados de estar muertos (1998). Espasa Calpe El mejor escritor de su generación (1999). Pre-Textos, reed.: El Paseo Editorial, 2021 Los príncipes nubios (2013). Seix Barral; reed.: Círculo de Lectores, 2004; Booket, 2005, 2009 Prohibido entrar sin pantalones (2013). Seix Barral; reed.: Booket, 2017 Totalidad sexual del cosmos (2019). Seix Barral
Ensaios
El arte del yo-yo (1996). Editorial Pre-Textos, 1996; RBA, 2001 Teatro de variedades (2002). Editorial Renacimiento. 2ª edición aumentada en 2022, Editorial Renacimiento La plaza del mundo (2008). Universidad de Valladolid El tiempo es un sueño pop: vida y obra de Terenci Moix (2011). RBA Catálogo de libros excesivos, raros o peligrosos (2012). Universidad de Sevilla Biblioteca en llamas (2016). Editorial Renacimiento La novela del buscador de libros (2018). Fundación José Manuel Lara
Edicións
Aviones plateados. Antología de la poesía futurista latinoamericana (2014). Anthropos; 2ª edición, 2009, Colección Puerta del Mar, Diputación de Málaga Alberto Hidalgo: Poemas simplistas (2010). Zut Ediciones Javier Salvago: La vida nos conoce (2011). Selección e prólogo de Juan Bonilla, Editorial Renacimiento Nínfulas. Antología de lolitas en la poesía española (2011). Generación del 27 Felipe Alaiz: El arte de escribir sin arte (y otras críticas libertarias de la literatura española) (2012). Berenice Francisco Rivas: Reivindicación de Don Pedro Luis de Gálvez a través de sus úlceras, sables y sonetos (2014). Zut Ediciones Tierra negra con alas. Antología de la poesía vanguardista latinoamericana (2019). Fundación José Manuel Lara, con Juan Manuel Bonet Alberto Hidalgo: Diario de mi sentimiento (2020). Editorial Renacimiento Agustín García Calvo: A los amigos, salud y alegría (2020). Editorial Confluencias Francisco Umbral: Lola Flores. Sociología de la Petenera (2022). Zut Ediciones
Traducións
J. M. Coetzee: Infancia (1999). Editorial Mondadori Alfred Edward Housman: Cincuenta poemas (2003). Editorial Renacimiento T. S. Eliot: Libro de los gatos sensatos de la vieja zarigüeya (2005). El Gaviero; reeditado por Nórdica en 2018 Andrew Delbanco: Melville. Su mundo y su obra (2007). Seix Barral Dennis Cooper: Chaperos (2009). Editorial Tercer Nombre; corr.: Chulos, Revuelta Editores, 2011 Ring Lardner: Cómo escribir relatos (2012). Zut Ediciones Graham Greene: En tierra de nadie (2012). Seix Barral Terenci Moix: Sadístico, esperpéntico e incluso metafísico (2012). Editorial Berenice Edward Abbey: La Banda de la Tenaza (2012). Editorial Berenice, con Teresa Lanero Edward Abbey: El vaquero indomable (2013). Editorial Berenice Edward Abbey: Hayduke vive (2014). Editorial Berenice Edward Abbey: Sol negro (2023). Editorial El Paseo
Premios
1993 - Premio de Poesía Luís Cernuda por Partes de guerra 2003 - Premio Biblioteca Breve pola novela Los príncipes nubios 2004 - Premio Anthropos de Estudos Literarios por Aviones Plateados. Poesía futurista en América 2009 - Premio NH ao mellor libro de relatos publicado ese ano por Tanta gente sola 2009 - Premio Vila de Rota de Poesía por Cháchara 2009 - Premio Literario dos Mozos Europeos pola tradución francesa da súa novela Los príncipes nubios, a cargo de Hugo Paviot 2011 - Premio Gaziel de biografías e memorias por El tiempo es un sueño pop: vida y obra de Terenci Moix 2014 - Premio Bienal de Novela Mario Vargas Llosa por Prohibido entrar sin pantalones 2020 - Premio Nacional de Narrativa pola novela Totalidad sexual del cosmos 2021 - Premio Cidade de Xerez á traxectoria. Notas
Categoría:Nados en Xerez da Fronteira Categoría:Escritores de Andalucía Categoría:Nados en 1966 Categoría:Tradutores ao castelán