San Fagundo e San Primitivo viviron durante o século IV, na Gallaecia asturicense. Eran fillos do centurión san Marcelo e irmáns xemelgos. Os tres foron mártires durante os tempos do emperador romano Marco Aurelio. Adoitan considerarse uns dos santos máis antigos do culto hispánico. Do nome de San Fagundo deriva o nome da vila leonesa de Sahagún.miniatura|Retablo relicario de San Fagundo e San Primitivo, na catedral de Ourense. Historia Os datos históricos sobre estes mártires son confusos debido a que supostamente viviron entre os séculos III e IV. Crese que san Marcelo e santa Nonia eran os pais destes dous irmáns que viviron nos arredores do río Cea, situado na actual provincia de León.

Os testemuños conservados sobre a data do seu martirio difiren, dado que O Breviario de Sahagún dita que os feitos sucederon durante o reinado de Marco Aurelio entre os anos 161 e 180, cando Ático era cónsul en Hispania. Con todo un pergamiño do século XI sitúa o martirio no século III sendo cónsules en Hispania, Ático e Pretextato.

Todos os testemuños recolleitos sobre o seu martirio concordan en que un día, o cónsul Ático, da gornición romana de Cea, mandou publicar un edicto polo cal todos os moradores daquelas comarcas debían ofrecer sacrificio a un famoso ídolo romano. Ao negarse os dous irmáns, dicindo que profesaban a relixión de Xesucristo, foron encarcerados. Os seus corpos foron guindados ao río. Enterráronos no mesmo lugar en que os atoparon e nel, máis tarde, haberían de edificarse o Mosteiro de san Fagundo e Primitivo, pertencente á Orde dos Bieitos, e a vila de Sahagún. Segundo a primeira Crónica anónima de Sahagún hai dous feitos haxiográficos. O primeiro é o martirio dos santos, e o segundo móstranos a liberación dun prisioneiro, por parte de Fagundo, nos tempos difíciles que seguiron a morte de Afonso VI.

Dende 1835, coa Desamortización, as súas reliquias pasaron a seren custodiadas na Igrexa de San Xoán de Sahagún, na citada vila, e tamén en Ourense.Ríos Rodríguez (2001), p. 269 (citado na nota 44).

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Sahagún Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia Categoría:Santos de Galicia Categoría:Nados no século IV