Aristón (en grego Ἀρίστων Aristón ) foi rei de Esparta (-560 ata o -510). Era o décimo cuarto dos euripontidas. Fillo de Agasicles e contemporáneo de Anaxandridas II. Traxectoria Subiu ao trono arredor do -560 e reinou durante cincuenta anos e á súa morte foi recoñecido como un bo rei. Casou tres veces, pero as dúas primeiras mulleres eran estériles e a xente fíxolle rogativas para que tivese un fillo. Da terceira muller tivo a Demarato, aínda que xurdiron dúbidas sobre quen era o pai.
Notas
Categoría:Reis de Esparta Categoría:nados no século -VI Categoría:finados no século -VI Categoría:Personalidades de Esparta na Antigüidade