Bryonia é un xénero de plantas rubideiras perennes con gabiáns, da familia das cucurbitáceas. De follas palmadas e lobuladas. As flores nacen arracimadas nas axilas dos talos. Os froitos son bagas lisas e globulares.

Algunhas das especies teñen uso medicinal, aínda que todas son tóxicas debido ás substancias irritantes que conteñen.

Da especie Bryonia alba existen oito variedades establecidas en Europa.

Toxicidade Todos os órganos aéreos das especies do xénero Bryonia conteñen substancias cuxo consumo pode provocar problemas na saúde humana segundo o compendio publicado pola Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria en 2012. En concreto detectouse a presenza de substancias derivadas de triterpenos tetracíclicos osixenados tales como a cucurbitacina.

Taxonomía O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 1012. 1753.

Especies aceptadas A continuación dáse un listado das especies do xénero Bryonia aceptadas até novembro de 2014, ordenadas alfabeticamente. Para cada unha indícase o nome binomial seguido do autor, abreviado segundo as convencións e usos.

Bryonia alba L. Bryonia aspera Steven ex Ledeb. Bryonia dioica Jacq. Bryonia lappifolia Vassilcz. Bryonia melanocarpa Nabiev Bryonia monocarpa Aitch. & Hemsl. Bryonia multiflora Boiss. & Heldr. Bryonia syriaca Boiss. Bryonia verrucosa Aiton.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi. Ligazóns externas

Medicinal uses of Bryonia alba Bryonia

Categoría:Taxons descritos por Linné Categoría:Plantas descritas en 1753