Soiuz MS-17 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 14 de outubro de 2020 mediante un foguete Soiuz 2-1a desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz MS-17, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Sergei Rizhikov, Sergei Kud-Sverchkov e Kate Rubins a bordo (a tripulación de respaldo eran Oleg Novitskii, Petr Dubrov e Mark T. Vande Hei), foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. Unha vez en órbita chegou á estación seguindo unha traxectoria rápida de tres horas, acoplándose ao módulo Rassvet e coa tripulación uníndose aos membros das Soiuz MS-16 xa a bordo, cuxa partida marcou o inicio da Expedición 64.

O 18 de novembro, Rizhikov e Kud-Sverchkov fixeron o paseo espacial número 47 de Rusia na historia da ISS, co obxectivo principal de facer os preparativos para a chegada do módulo Nauka, mentres que o 19 de marzo de 2021 a Soiuz MS-17 foi movida ao módulo Poisk para poder preparar o desacoplamento e descarte do módulo Pirs para acomodar ao Nauka. Tras 185 días en órbita, a Soiuz MS-17 desacoplouse do módulo Poisk o 16 de abril de 2021, aterrando a 147 km ao sueste da cidade de Dzhezkazgan (Kazakhstán).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz 2-1a Estación Espacial Internacional

Categoría:Programa Soiuz