Miguel Ángel Rodríguez Echeverría, nado o 9 de xaneiro de 1940, é un economista, avogado, empresario e político costarriqueño do Partido Unidad Social Cristiana (PUSC), de ideoloxía neoliberal e de centro dereita.
Traxectoria
Orixe familiar É descendente de familias de Asturias, de varios países latinoamericanos, e tamén de orixe italiana e afro-costarriqueño. É descendente por vía materna de José María Castro Madriz.
Carreira Foi presidente de Costa Rica de 1998 a 2002. Nese período levou a cabo numerosas privatizacións e durante o seu mandato producíronse grandes manifestacións de repulsa por esas actuacións.
Foi brevemente secretario xeral da Organización dos Estados Americanos (OEA) en 2004 durante un mes, pero dimitiu o 15 de outubro dese ano e volveu ao seu país para enfrontarse a acusacións de irregularidades financeiras e corrupción política durante o seu mandato presidencial.
Honras Durante a presidencia da Xunta de Galicia de Manuel Fraga, recibiu a Medalla de Ouro de Galicia en 1999.
Corrupción O 27 de abril de 2011 foi condenado a 5 anos de prisión por corrupción por recibir pagamentos ilegais, incluíndo unha mordida da empresa francesa de telecomunicacións Alcatel, que obtivera un gran contrato gobernamental para o ancho de banda de teléfonos móbiles durante a presidencia de Rodríguez. Adicionalmente, había acusacións de que Rodríguez recibira contribucións ilegais de campaña dun político e empresario mexicano, e tamén se alegou que recibira $1,4 millóns de dólares de Taiwán.
En decembro de 2012, foi exonerado por un tribunal de apelación, grazas a unha alegada manipulación das probas.https://www.nytimes.com/aponline/2012/12/21/world/americas/ap-lt-costa-rica-former-president.html?hp&_r=0
Notas
Véxase tamén
Categoría:Personalidades da empresa Categoría:Economistas Categoría:Presidentes de Costa Rica Categoría:Nados en 1940 Categoría:Medalla de Ouro de Galicia