María José Martínez Turrini, nada en Bogotá o 11 de maio de 1980, é unha actriz, locutora, modelo e escritora colombiana de ascendencia italiana.

Traxectoria En 2000 formou parte do elenco da telenovela La Caponera da canle Caracol, cuxa protagonista foi Margarita Rosa de Francisco. Juan Joyita... quiere ser Caballero, que foi dirixida por Rodrigo Triana e lanzada en 2001 en RCN, foi o seguinte proxecto no que participou, desta volta interpretando unha moza con cartos chamada Lina. As gravacións desta telenovela compartíaas coa locución conxunta do programa radial El Gallo e Las niñas lindas bailan Rock and Roll transmitidos pola emisora xuvenil Radioacktiva no ano 2002.

A finais de 2002, Canal Caracol lanzou a telenovela Pecados capitales, cuxo elenco estaba composto por Robinson Díaz, Marcela Carvajal e Frank Ramírez, entre outros. Nesta telenovela interpretaba a Esperanza Salinas. O seguinte papel que interpretou foi o de Tatiana na telenovela Sofía dame tiempo realizada conxuntamente polo Canal Caracol e a programadora R.T.I. e pola canle hispana Telemundo en 2003.

Filmografía Televisión Conjunto cerrado (1996) — Sarah ¿Por qué diablos? (1999) — Cata La caponera (2000) — Bernarda Lorenza Pinzón, 'La Pinzona' Juan Joyita (2001) — Lina Villa Caballero Pecados capitales (2002) — Esperanza Salinas Sofía dame tiempo (2003) — Tatiana Sin amparo (2003) — Andrea Estambotica Anastasia (2004) — Lucía Fuentes Meneses El pasado no perdona (2005) — Ángela León Tu voz estéreo (2007-2011) — Andrea Giraldo Mujeres asesinas (2007) — Cecilia-Laura Abandonada Secretos del paraíso (2014) — Mapi Fugitivos (2014) — Mariana de Duarte La ley del corazón (2016) — Fiscal Silvia López Los Morales (2017) — María Fernanda de Cuello 'Mafe' Garzón (2018)

Premios e nomeamentos Premios India Catalina

Ano Categoría Serie Resultado 2010 Mellor actriz protagonista de serie ou miniserie Tu voz estéreo

Premios Talento Caracol Ano Categoría Serie Resultado 2014 Mellor actriz secundaria Fugitivos

Categoría:Nados en Bogotá Categoría:Nados en 1980 Categoría:Modelos femininas de Colombia Categoría:Actores de televisión de Colombia