Blanca Paula Rodríguez Garabatos, nada en Santiago de Compostela en 1973, é unha galega profesora e investigadora en Moda, Historia e Historia da Arte.

Traxectoria Licenciouse en Dereito e en Historia -Historia Contemporánea e Estudos Americanos- na Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse en Estudos Literarios na Universidade da Coruña coa tese Moda de la Belle Epoque e indumentaria en la obra de Emilia Pardo Bazán.

É profesora de secundaria e ten impartido palestras na Universidade da Coruña e na Fashion and Design Conference (Escola de Deseño Téxtil e Moda de Galicia). Dirixiu o curso Vistiendo la Época. La moda, el octavo arte (Centro Galego de Arte Contemporánea).

Ten colaborado nas revistas Versión Original, Icónica, Tropelías, Boletín Galego de literatura, DeSignis e La Tribuna con artigos sobre cine, moda literatura e arte.

Obra

Galego

Catro exemplos da 'arte dexenerada' galega fóra da España saudábel (2024). Vigo: Galaxia. 146 páxs. ISBN 978-84-1176-346-2.

Castelán

Emilia Pardo Bazán y la moda (2021). A Coruña: Hércules de Ediciones. 260 páxs. ISBN 978-84-120974-6-7. Emilia Pardo Bazán: visiones del dandismo (2021). A Coruña: Hércules de Ediciones. 156 páxs. ISBN 978-84-18966-15-6.

Tese de doutoramento

Moda da Belle Epoque e indumentaria na obra de Emilia Pardo Bazán (2020). Universidade da Coruña.

Premios

2023: Premio Manuel Murguía de Ensaio, outorgado pola Deputación da Coruña por Catro exemplos da 'arte dexenerada' galega fóra da España saudábel.

Notas

Categoría:Nados en 1973 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Historiadores de Galicia