José Carvajal Quiroga, nado en Vigo cara a 1889 e finado en Moaña o 7 de abril de 1976, foi un militar e político galego.

Traxectoria Fillo de Pedro Carvajal Rivera, funcionario da facenda en Pontevedra, e Clementa Quiroga Bárcena. Neto de José Carvajal Pereira e de Francisco Javier Quiroga. Capitán de Cabalaría. Propietario da casa e granxa do Foxón en Tirán. Nos anos finais da ditadura de Primo de Rivera foi elixido alcalde de Moaña logo da destitución de Manuel Pereira Molanes o 19 de febreiro do ano 1929. Cesou un ano despois. na República foi retirado pola Lei Azaña. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado delegado gobernativo de Moaña. Foi destinado ao servizo activo en novembro e abandonou a alcaldía.BOP Lugo, 2-11-1936, p. 2. Mandou tropas en Palencia e Burgos como capitán. Nos últimos anos da guerra foi trasladado a Santander e Lugo. Cando rematou foi destinado a Castellón, Pontevedra e Ourense, onde se retirou en 1952.

Vida persoal

Casou en Tetuán con África Pego en 1917, da que enviuvou aos poucos meses. Casou en segundas nupcias con Máxima Pujol de la Torriente en 1921. Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas A casa e granxa do Foxón na parroquia de Tirán (Moaña), por Manuel Uxío García Barreiro e Gerardo Gayo Rodríguez

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Alcaldes de Moaña Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1889

Categoría:Finados en 1976