Bautista Goyel Álvarez Domínguez, nado en Loucia (Las, San Amaro) o 30 de marzo de 1933 e finado en Beariz o 16 de setembro de 2017, foi un político galego de ideoloxía nacionalista.
Traxectoria Bautista Álvarez naceu en Loucia, pequena aldea da parroquia de Las, no concello de San Amaro. Foi o menor de tres irmáns dunha familia humilde. Aos 10 anos ingresou no Seminario de Ourense, onde estudou Humanidades e Filosofía. A principios da década dos 60 foi estudar a Madrid, onde fixo amizade entre outros con Xosé Luís Méndez Ferrín e Xosé Fernández Ferreiro, fundadores do grupo Brais Pinto.
En 1964 foi membro fundador da Unión do Povo Galego, ocupando a presidencia desde 1977 até 2008, data na que se celebrou o XII Congreso Nacional da UPG. Participa da redacción dos 10 puntos da UPG. Participou na fundación do BNG en 1981. Nese mesmo ano, nas primeiras eleccións ao Parlamento galego saíu electo deputado pola circunscrición da Coruña, sendo expulsado do Parlamento, xunto cos compañeiros da coalición electoral BNPG-PSG, Lois Diéguez Vázquez e Claudio López Garrido por negárense a prestar xuramento á Constitución española de 1978, con carácter retroactivo, pois xa levaban varios meses exercendo o seu labor como representantes nacionalistas . Volveu ser elixido deputado no Parlamento de Galicia nas autonómicas de 1989 ata 2005.
En 2004, na celebración do 40 aniversario da constitución da UPG, o partido promove a constitución da Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas, que pasa a presidir desde o primeiro momento . En 2013, unha grupo de dirixentes nacionalistas organizou unha homenaxe para conmemorar os seus 50 anos de militancia nacionalista, coa finalidade de ″facermos pública a necesidade de coñecermos e recoñecérmonos na figura de Bautista Álvarez″. Nese mesmo ano obtivo o Premio Brais Pinto.
Faleceu o 16 de setembro de 2017."Fallece el histórico nacionalista Bautista Álvarez"
Obras Ensaio
Teseo loitando contra o Minotauro (2023). Consorcio Editorial, Terra e Tempo nº184-185-186-187.
Narrativa Retallos daquela infancia, 2013, Xerais. ISBN 978-84-9914-530-3. Cuarto minguante, 2015, Xerais. ISBN 978-84-9914-809-0.
Conversas
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Bautista Álvarez: unha vida para a Nación (Documental), 2/4/2011. Conferencia inaugural da exposición "Brais Pinto, o afiador revolucionario" organizada pola Concellería de Cultura do Concello da Coruña, 2/4/2010.
Categoría:Políticos da UPG Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG Categoría:Marxistas Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en San Amaro Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da V Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da VI Lexislatura do Parlamento de Galicia