miniatura|300x300px|Un cartel de propaganda austrohúngaro feito durante a primeira guerra mundial que presenta o lema rimado "Serbia debe morrer!" (Serbien muss sterbien!). Esas imaxes eran representativas das actitudes sociais subxacentes ao concepto de Untermensch. «Postais de propaganda anti-serbia á venda na capital austríaca representaban aos serbios como "Untermenschen" ou "Subhumanos" atrasados, un termo empregado máis tarde por Adolf Hitler e os nazis para describir aos xudeus e os eslavos. Algúns defenderon que os serbios deberían ser cocidos vivos en caldeiros ou pegados en garfos e comidos». Untermensch (do alemán, «infrahome» ou «subhumano»; en plural: Untermenschen) é un termo que designaba unha categoría de seres humanos considerados racial e culturalmente inferiores dentro da ideoloxía nazi, e que abranguía principalmente xudeus, eslavos, xitanos (romanís) e certos outros grupos presentados como ameazas existenciais para a «raza aria». O termo encarnaba a cosmovisión racial nazi dunha xerarquía estrita, na que os «arios» ocupaban a posición de creadores superiores da cultura, mentres que os Untermenschen eran presentados como parasitos destrutivos incapaces de acadar unha civilización superior, o que servía para xustificar políticas de segregación, escravitude e xenocidio. Este marco deshumanizador sustentou atrocidades como o Holocausto e os aspectos xenocidas do Generalplan Ost, que pretendía despoboar a Europa oriental para o asentamento alemán mediante a eliminación ou a subxugación destas poboacións.
Un dos principais instrumentos propagandísticos foi o panfleto das SS de 1942 titulado Der Untermensch, publicado pola Oficina Principal das SS, que combinaba texto e imaxes para representar xudeus e eslavos como hordas subhumanas aliadas co bolxevismo, e que instaba á súa erradicación para preservar a «vitalidade» alemá. Aínda que o termo bebía de ideas euxenéticas e völkisch anteriores, a súa aplicación sistematizada por parte dos nazis marcou unha escalada causal desde a retórica ata a violencia de masas, impulsada por teorías raciais pseudocientíficas que priorizaban o determinismo biolóxico fronte ao mérito individual ou á variabilidade empírica dentro dos grupos.
Orixe Aínda que normalmente se considera incorrectamente que foi acuñado polos nazis, o termo literal equivalente Under-man (por debaixo do home ou 'infrahumano'), foi usado por primeira vez polo autor estadounidense e membro do Ku Klux Klan Lothrop Stoddard no título do seu libro de 1922 The Revolt Against Civilization: The Menace of the Under-man. Stoddard aplica o termo a aqueles que considera incapaces de funcionar na civilización, que xeralmente (pero non totalmente) atribúe á raza.
Uso do termo en alemán e polos nazis Máis tarde foi Under-man traducido ao alemán foi adoptado polos nazis a partir do título da edición alemá do libro de Stoddard, Der Kulturumsturz: The Threat of the Subhuman (1925).
A palabra alemá Untermensch fora usada en períodos anteriores, pero non fora usada nun sentido racial, por exemplo, na novela de 1899 Der Stechlin de Theodor Fonte. Dado que a maioría dos escritores que empregaron o termo non abordaron a cuestión de cando e como a palabra entrou na lingua alemá, Untermensch adoita traducirse como "subhumano", "infrahumano", ou, dado o particular matiz que tomou o termo co nazismo, cítase sen traducir. O principal nazi que atribuíu a Stoddard o concepto de "infrahumano" referíndose aos europeos do leste foi Alfred Rosenberg quen, referíndose aos comunistas rusos, escribiu en 1930 «este é o tipo de ser humano ao que Lothrop Stoddard chamou 'debaixo do home'.»
É posible que Stoddard construíse o seu termo "debaixo do home" como oposto ao concepto Übermensch ("arriba do home", "superhome") de Friedrich Nietzsche. Stoddard non o di explicitamente, pero fai referencia crítica á idea do "superhome" ao final do seu libro (p. 262). A ideoloxía nazi identificaba unha raza superior aria (a alemá) e unha serie de razas inferiores de diferentes graos, incluíndo as persoas de 'raza estranxeira' ou 'sangue estranxeiro' (Fremdrassische ou Fremdvölkische). Dentro das que consideraban máis inferiores, os Untermenschen, encontrábanse os xudeus, negros, xitanos ou eslavos.
Os afgáns, indios, persas, xaponeses ou tibetanos foran avaliados de maneira diferente, non como Untermenschen pola teoría racial que os cualificaba como "arianos honoríficos".
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Regra dunha gota Euxénese Raza Racismo Racismo ambiental Raza (clasificación dos seres humanos) Raza (censo dos Estados Unidos) Übermensch
Categoría:Socioloxía