Enrico De Nicola, nado en Nápoles o 9 de novembro de 1877 e finado en Torre del Greco o 1 de outubro de 1959, foi un destacado político e avogado italiano, coñecido por ser o primeiro Presidente da República Italiana. Ocupou o cargo provisional de presidente de Italia entre 1946 e 1948, e de primeiro presidente constitucional dende o 1 de xaneiro de 1948 ata o 11 de maio dese mesmo ano.

Traxectoria

Xuventude e formación De Nicola naceu en Nápoles, fillo de Angelo e Concetta Capranica. Despois de completar a súa educación secundaria no liceo clásico Antonio Genovesi, graduouse en xurisprudencia na Universidade de Nápoles Federico II, converténdose axiña nun avogado penalista de renome nacional.

Carreira política O 28 de xuño de 1946, foi designado provisionalmente coma Xefe de Estado pola Asemblea constituínte de Italia, cargo que ocupou dende o 1 de xullo dese mesmo ano ata o 31 de decembro de 1947. De acordo coa primeira disposición transitoria e final da Constitución, o 1 de xaneiro de 1948, asume o título de Presidente da República Italiana, manténdoo ata o sucesivo 12 de maio.

Coma Presidente da República Italiana, Enrico De Nicola só lle conferiu o cargo de Presidente do Consello a Alcide De Gasperi. Durante o seu breve mandato, non nomeou ningún Senador Vitalicio.

Categoría:Alumnos da Universidade de Nápoles Categoría:Presidentes de Italia Categoría:Nados en Nápoles Categoría:Nados en 1877 Categoría:Finados en 1859