250px|miniatura|dereita|Concerto de Marful
Marful é un grupo de música galega composto por Ugia Pedreira, Marcos Teira, Pedro Pascual e Pablo Pascual.
Historia A súa música lembra os salóns de bailes con balcóns das décadas de 1930 e 1940, inspirada neles e na introdución das primeiras jazz-band en Galiza e na súa fusión coa música folk. Combinan ritmos bailábeis americanos e europeos, como tangos, habaneras ou foxtrot, con letras actuais de corte social.
O grupo ten actuado en París, Cataluña e Portugal ademais de Galiza.
O día 30 de novembro de 2019, tras moito tempo separados, deron o seu derradeiro concerto no Culturgal coa participación de Sabela Ramil, quen concursara cunha das súas cancións en Operación Triunfo.
Discografía Marful (Ediciones Efímeras, 2006) Manual de sedución (2010)"Souto: “Marful representa a banda imposible”" , artigo de Alberto Ramos en Xornal de Galicia, 15 de setembro de 2010..
Notas
Véxase tamén Outros artigos Sitio web de Marful Vídeo da derradeira actuación (a partir do minuto 23)
Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Participantes do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira Categoría:Grupos musicais en galego