O Westland Wessex é un desenvolvemento do Sikorsky H-34 propulsado por turbinas de construción británica. Foi desenvolvido e producido baixo licenza por Westland Aircraft (despois Westland Helicopters). Un dos principais cambios con respecto ao H-34 foi a substitución do motor de pistóns por un motor turboeixo. Os primeiros modelos estaban impulsados por un único Napier Gazelle, mentres que as aeronaves posteriores usaban un par de motores de Havilland Gnome.
O Wessex foi inicialmente producido para a Royal Navy (RN) e despois para a Royal Air Force (RAF). Tamén se fabricou un número limitado de aeronaves civís, así como unidades para a exportación. O Wessex operou como helicóptero de guerra antisubmarina e utilitario, pero é coñecido sobre todo polo seu uso como helicóptero de busca e rescate (SAR). O tipo entrou en servizo e 1961 e operou durante máis de 40 anos antes de ser retirado en 2003 no Reino Unido.
Notas
Categoría:Aeronaves de Westland Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1958 Categoría:Helicópteros