Manuel Justo Román, nado en Vigo o 9 de febreiro de 1996, é un futbolista galego que xoga como dianteiro centro na Cultural Leonesa, da Primeira División RFEF.

Traxectoria Formouse nas categorías inferiores do Areosa, ata completar a súa etapa xuvenil. Na tempada 2015/16 asinou polo Rápido de Bouzas en Terceira División, no que xogou 33 partidos ás ordes de Xurxo Otero. No verán de 2016 seguiu a Otero ata o Arousa, da mesma categoría, no que xogou en dúas tempadas case medio centenar de partidos, anotando 10 goles.

Na tempada 2018/19, asinou polo Coruxo da Segunda División B, co que disputou 37 partidos e marcou 10 goles, sumando máis de 2700 minutos. En xullo de 2019 asinou polo Elche, da Segunda División,marca.com El Elche ficha a Manu Justo pero podría cederlo a un Segunda B, consultado en xullo de 2019 club que o cedeu ao UCAM Murcia, do Grupo IV da Segunda División B, onde disputou 18 encontros de liga e 2 de Copa do Rei, anotando un total de 3 goles.ucamdeportes.com Manu Justo, mas pólvora para el UCAM Murcia, consultado en agosto de 2019

En xaneiro de 2020, chegou a un acordo para romper a cesión co conxunto murciano e chegou en calidade de cedido ao Celta de Vigo B do Grupo IV da Segunda División B,ucamdeportes.com Manu Justo y el UCAM Murcia separan sus caminos, consultado en xaneiro de 2020 onde xogou 6 partidos nos que anotou 2 goles. Na tempada 2020/21 continuou cedido no Celta B, onde disputou 24 partidos, sendo o máximo goleador do equipo con 8 goles.lavozdegalicia.es El Celta B recupera a Manu Justo, cedido y con opción de compra, consultado en setembro de 2020

En xullo de 2021 regresou ao Elche CF, xa na Primeira División, co que realizou a pretempada ás ordes de Fran Escribá.diariofranjiverde.com Manu Justo hará la pretemporada a las órdenes de Fran Escribá, consultado en xullo de 2021 O 12 de agosto de 2021, asinou co Racing de Santander da Primeira División RFEF, novamente cedido polo conxunto ilicitano.realracingclub.es Manu Justo se incorpora a la plantilla del Racing 2021/22, consultado en agosto de 2021 No equipo cántabro disputou 35 encontros de liga, cun balance de sete goles e tres asistencias, conseguiu o ascenso a Segunda e proclamouse campión absoluto da categoría tras vencer na final de campións ao Andorra.

O 29 de xuño de 2022 o Racing Club de Ferrol da Primeira División RFEF anunciou a fichaxe do xogador para a tempada 2022/23.lavozdegalicia.es El Racing incorpora al delantero vigués Manu Justo, consultado en xuño de 2022 Titular indiscutible no equipo de Cristóbal Parralo, disputou un total de 41 encontros e foi o máximo artilleiro do club con 12 dianas, contribuíndo ao regreso do Racing á categoría de prata despois de 15 anos de ausencia. Foi o segundo ascenso consecutivo do xogador, que na seguinte campaña debutou finalmente en Segunda, na primeira xornada ante o Elche. Con todo, apenas contou con protagonismo durante a competición, pois Parralo non o aliñou como titular en ningún encontro de liga, sumando só un gol de penalti na derradeira xornada fronte ao Leganés.

O 24 de xuño de 2024 anunciouse a súa fichaxe pola Cultural Leonesa, da Primeira RFEF.

Selección galega miniatura|Manu Justo e Orman Davis loitando pola pelota no Galicia-Panamá de 2024. Foi convocado pola selección galega para o partido contra Panamá disputado no Estadio de Balaídos o 31 de maio de 2024, que finalizou con derrota (0–2).

Notas

Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Futbolistas de Vigo Categoría:Xogadores do Rápido de Bouzas Categoría:Xogadores do Arosa SC Categoría:Xogadores do Coruxo FC Categoría:Xogadores do UCAM Murcia Categoría:Xogadores do Coruxo FC Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores da Cultural Leonesa Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol internacionais coa selección de fútbol de Galicia