Adolfina Casás Rama, nada en Cerceda en 1912 e finada na Coruña o 2 de febreiro de 2009, foi unha cantareira galega.

Traxectoria Era filla de solteira. Traballou nos labores agrarios, durante os cales cantaba. Xunto coa súa sobriña Rosa Casás Rama, destacou polo seu enxeño e polos moitos estilos empregados. Dorothé Schubarth e Antón Santamarina recolleron moitas das cantigas que elas cantaban no Cancioneiro Popular Galego. Schubarth valorou "a súa variedade de melodías, a orixinalidade das coplas e a capacidade de improvisación".

Foi proposta, canda a súa sobriña e Florencio López Fernández, como figura homenaxeada para as Letras Galegas do ano 2024. Finalmente, foi escollida, xunto con súa sobriña Rosa, Eva Castiñeira, Teresa García, Prudencia Garrido, Asunción Garrido e Manuela Lema, como parte da candidatura das cantareiras para ser homenaxeada en 2025.As cantareiras e a poesía popular oral protagonizarán o Día das Letras Galegas 2025

Notas

Véxase tamén Outros artigos Cancioneiro Popular Galego

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Cerceda Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 2009 Categoría:Día das Letras Galegas Categoría:Cantareiras galegas