Village Rockstars (en ) é un filme indio de 2017 rodado en lingua assamesa escrito, editado, coproducido e dirixido por Rima Das, quen é unha cineasta autodidacta.*

A historia segue a unha nena de 10 anos que se fai amiga dun grupo de rapaces e soña con converterse nunha estrela de rock.

Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2017. Foi escollido como candidato da India para o Óscar ó mellor filme internacional na 91ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Personaxes Bhanita Das como Dhunu Basanti Das como nai de Dhunu Manabendra Das como irmán máis vello de Dhunu Boloram Das Rinku Dast Bishnu Kalita

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes da India propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 91ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua assamesa Categoría:Filmes da India