Manuel María José Cándido Carlos Ballesteros Curiel, nado na Fonsagrada o 28 de xaneiro de 1864 e finado no Pino en setembro de 1932, foi un avogado e funcionario galego.

Traxectoria Fillo primoxénito de Ramón Manuel María Ballesteros Gil. Herdou do seu pai a Casa de Sesto en Ribela (A Estrada).A Casa de Sesto Foi elixido tenente de alcalde da Estrada en 1899. Traballou como fiscal da Estrada de 1903 a 1907. Despois foi secretario de concello de Forcarei dende 1908.El Diario de Pontevedra, 23-3-1908, p. 2. En abril de 1922, pouco despois da toma de posesión da nova corporación presidida por Saturnino Monteagudo, foi suspendido como secretario, e abríronlle expediente acusando de roubo e destrución de documentación municipal.El Progreso, 18-4-1922, p. 2. O goberno civil resolveu o expediente en xullo, ordenando a reposición de Manuel Ballesteros como secretario. O alcalde Monteagudo vulveu suspendelo de emprego e soldo a finais de agosto, acusándoo de desobediencia.Galicia, 1-9-1922, p. 2.

Foi nomeado subsecretario interino do Concello de Poio en febreiro de 1924.El Pueblo Gallego, 27-2-1924, p. 6. Nomeado secretario de Antas de Ulla en decembro de 1925,El Ideal Gallego, 11-12-1925, p. 1. despois pasou a Boborás (1926),El Ideal gallego, 19-2-1926, p. 4. Barro,El Progreso, 13-3-1926, p. 3. Lalín (1927-1929),El Diario de Pontevedra, 13-8-1927, p. 3. O Irixo (1932) e ese mesmo ano O Pino.Gaceta de Madrid, 14/07/1932, p. 347. Finou no Pino en setembro de 1932.Galicia, 27-9-1932, p. 6.

Colaborou co seu irmán Julio no libro Verbo de los arginas. Jerga-latín de los canteros, publicado en 1930.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Ballesteros del Mazo

Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Concelleiros da Estrada Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados na Fonsagrada Categoría:Nados en 1864

Categoría:Finados en 1932