Guide (en ) é un filme indo-estadounidense de 1965 rodado en lingua hindi e lingua inglesa, e dirixido por Vijay Anand. Foi producido por Dev Anand e está protagonizado por Waheeda Rehman. Baséase na novela The Guide de 1958 escrita por R. K. Narayan, e conta a historia de Raj (Anand), un guía turístico autónomo e Rosie (Rehman), a esposa reprimida dun arqueólogo adiñeirado.

Foi escollido como candidato da India para o Óscar ó mellor filme internacional na 38ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences

Personaxes

Dev Anand como Raju Waheeda Rehman como Rosie Marco / Miss Nalini Leela Chitnis como nai de Raju Kishore Sahu como Marco Gajanan Jagirdar como Bhola Praveen Paul como muller de Bhola Anwar Hussain como Gaffoor Rashid Khan como Joseph Ram Avtar como Pandit Narbada Shankar como Pandit M Usman Malik como Malik bhai Nazir Kashmiri como aldeán

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes da India propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 38ª edición dos Óscar Bibliografía

Categoría:Filmes de 1965 Categoría:Filmes en lingua hindi Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes da India Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Vijay Anand Categoría:Filmes rodados en Rajasthan Categoría:Filmes rodados en Gujarat