Mahanagar (en ) é un filme indio de 1963 rodado en lingua bengalí escrito e dirixido por Satyajit Ray. Está protagonizado por Madhabi Mukherjee e baséase en Abataranika de Narendranath Mitra, que conta a historia dunha ama de casa que desconcerta a súa familia tradicionalista ao conseguir o traballo de vendedora. O filme marcou a primeira aparición na pantalla de Jaya Bhaduri, unha das actrices principais do cinema hindi.
Foi escollido como candidato da India para o Óscar ó mellor filme internacional na 36ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences
Personaxes Madhabi Mukherjee como Arati Mazumdar Anil Chatterjee como Subrata Mazumdar Haradhan Bannerjee como Himangshu Mukherjee Vicky Redwood como Edith Simmons Jaya Bhaduri como Bani Haren Chatterjee como Priyogopal Sefalika Devi como Sarojini Prosenjit Sarkar como Pintu
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes da India propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 36ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 1963 Categoría:Filmes en lingua bengalí Categoría:Filmes da India Categoría:Filmes dirixidos por Satyajit Ray Categoría:Filmes feministas