Adela Cortina Orts, nada en Valencia o 13 de xullo de 1947, é unha filósofa española, Catedrática Emérita de Ética e Filosofía Política da Universidade de Valencia e directora da Fundación Étnor, Ética dos Negocios e as Organizacións. Entre outros premios e distincións obtivo o Premio Internacional de Ensaio Jovellanos e o Premio nacional de ensaio.

Traxectoria Tras cursar Filosofía e Letras na Universidade de Valencia, ingresou no departamento de Metafísica. En 1979, defendeu a súa tese de doutoramento, Dios en la filosofía trascendental kantiana. Durante un tempo foi profesora en varios institutos de ensino medio. Unha bolsa de investigación permitiulle frecuentar a Universidade de Múnic, onde entrou en contacto coa teoría crítica, o pragmatismo e a ética marxista, máis en concreto coa filosofía de Jürgen Habermas e Karl-Otto Apel.

Ao reintegrarse á actividade académica en España, orientou definitivamente os seus intereses de investigación cara á ética. En 1986 obtivo a cátedra de Filosofía Moral, cargo que mantivo até 2017.

É membro da Comisión Nacional de Reprodución Humana Asistida e Vogal do Comité Asesor de Ética da Investigación Científica e Tecnolóxica.

Pensamento O seu maxisterio sempre se viu ligado á economía, a empresa, a discriminación contra as mulleres, a guerra, a ecoloxía e a xenética. Son ámbitos igualmente cultivados pola autora nas súas obras.

A súa adhesión ás éticas discursivas de Apel e Habermas dá un paso máis ao establecer a ética dialóxica como unha importante base para o desenvolvemento dunha moral cívica, unha ética mínima que faga posible a coexistencia de diversas concepcións éticas propias das sociedades pluralistas dos tempos actuais.

En artigos e conferencias, expresou a súa opinión sobre outros tantos aspectos da vida, que sometida a exame "merece ser vivida". Na década de 1990, cuñou o concepto de aporofobia para referirse ao odio e rexeitamento cara á pobreza e as persoas pobres.

En 2018, publicouse o libro colectivo Ética e filosofía política. Homenaxe a Adela Cortina como homenaxe á súa xubilación como catedrática da Universidade de Valencia.

Publicacións Dios en la filosofía trascendental de Kant, Universidad Pontificia de Salamanca, 1981, (45reknad). Ética mínima: Introducción a la filosofía práctica. Madrid: Tecnos, 1986. 295 pp. ISBN 84-309-1748-9. (Prólogo de José Luis Aranguren), varias reedicións. Ética sin moral. Madrid: Tecnos, 1990. 318 pp. ISBN 84-309-2642-9. La moral del camaleón: ética política para nuestro fin de siglo, Madrid, Espasa-Calpe, 1991. Ética aplicada y democracia radical, Madrid, Tecnos, 1993, varias reedicións. Ética de la empresa: claves para una nueva cultura empresarial, Madrid, Tecnos, 1994. Razón comunicativa y responsabilidad solidaria: ética y política en K. O. Apel, Salamanca, Sígueme, 1995. Un mundo de valores, Generalitat Valenciana, 1996. Con Juan Escámez Sánchez e Estebán Pérez-Delgado. Ética, Madrid, Akal, 1996. Con Emilio Martínez Navarro. Ética e legislación en enfermería. Análisis sobre la responsabilidad profesional, Madrid, McGraw-Hill, 1996. Con María del Pilar Arroyo Gordo. Educar para la justicia, Generalitat Valenciana, 1998. Con Juan Escámez Sánchez. 10 palabras clave en filosofía política [colaboradores, Ángel Castiñeira et al.]. Estella, Navarra: Editorial Verbo Divino, 1998. 440 p.; 22 cm. ISBN 84-8169-161-5. Los ciudadanos como protagonistas, Barcelona, Galaxia Gutenberg/Círculo de Lectores, 1998. Educar en la ciudadanía, Institución Alfonso el Magnánimo, 2001. Con Jesús Conill Sancho (coords.) Alianza y Contrato: Política, Ética y Religión Madrid: Editorial Trotta, 2001. 182 pp. ISBN 978-84-8164-485-2. Ética civil y religión, Madrid, Promoción Popular Cristiana, 2002. Razón pública y éticas aplicadas: los caminos de la razón práctica en una sociedad pluralista, Madrid, Tecnos, 2003. Con Domingo García Marzá (ed. lit.) Ética para la sociedad civil edición coordinada por Francisco Javier Peña Echevarría. Valladolid: Universidad de Valladolid, Secretariado de Publicaciones e Intercambio Editorial, 2003, 200 p.; 21 cm. ISBN 84-8448-231-6. Por una ética del consumo. Taurus. 2002 ISBN 84-306-0485-5. Construir confianza: Ética de la empresa en la sociedad de la información y las comunicaciones, Madrid, Trotta, 2003. Consumo... luego existo, Barcelona, Cristianisme i Justícia, 2004. Con Ignasi Carreras Fisa. ISBN 84-9730-066-1. Ciudadanos del mundo. Hacia una teoría de la ciudadanía", Madrid, Alianza, 2005. Ética de la razón cordial. Educar en la ciudadanía del siglo XXI. Ediciones Nobel. 2007. 274 p ISBN 978-84-8459-179-5. La educación y los valores, (coord.) Madrid, Biblioteca Nueva, 2009. Pobreza y libertad. Erradicar la pobreza desde el enfoque de Amartya Sen. Tecnos, 2009. Las fronteras de la persona. El valor de los animales, la dignidad de los humanos.

Las raíces éticas de la democracia, Universidad de Valencia, 2010. Justicia cordial, Madrid, Trotta, 2010. Neuroética y neuropolítica: sugerencias para la educación moral. Madrid, Tecnos, 2011. ¿Para qué sirve realmente...? la ética. Barcelona, Paidós, 2013 ISBN 978-84-493-2877-0. Aporofobia: el rechazo al pobre. Barcelona, Paidós, 2017 ISBN 9788449333385

Premios e distincións Premio Isabel Ferrer 2005 que outorga a Generalitat Valenciana «pola súa brillante traxectoria docente e investigadora no ámbito universitario e pola promoción da ética económica e a responsabilidade social nas empresas.». Premio Internacional de Ensayo Jovellanos 2007 pola súa obra Ética de la razón cordial. Membro da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas desde o 2 de decembro de 2008, sendo a primeira muller que tivo acceso a formar parte desta institución ata que entrou Araceli Mangas Martín en 2014. Doutora honoris causa pola Universidade Jaime I de Castelló (15 de xaneiro de 2009) e pola Universidade Politécnica de Cartaxena (27 de xaneiro de 2012). Premio nacional de ensaio coa súa obra ¿Para qué sirve realmente la ética? en 2014. Doutora honoris causa pola Universidade de Deusto (20 de outubro de 2016) Gran cruz da Orde de Jaime I o Conquistador e Alta Distinción da Generalitat Valenciana en 2017. Premio da Crítica Literaria Valenciana 2018 na súa modalidade de Ensaio e Crítica Doutora Honoris Causa pola Universidade de Salamanca, 2018. En 2018 os seus compañeiros de profesión dedicáronlle un libro de homenaxe, Ética e Filosofía política: Homenaxe a Adela Cortina. Premio Antonio de Sancha 2018 da Asociación de Editores de Madrid. Premio Dereitos Humanos 2018 na categoría Persoas. Doutora honoris causa pola Universidade Nacional de Colombia (26 de setembro de 2019). Gran Cruz da Orde do Mérito Civil (2 de xullo de 2024).

Notas

Véxase tamén Bibliografía Ética y filosofía política. Homenaje a Adela Cortina. Varios autores. Colección Ventana Abierta. Tecnos 2018 ISBN 978-84-309-7404-7

Ligazóns externas Forum Barcelona 2004: 25 / 07 / 2004, Adela Cortina (Etnor Foundation) Fundación ÉTNOR - Bibliografía de Adela Cortina, Directora da Fundación ÉTNOR Politicasnet - Adela Cortina Entrevista en Jot Down Magazine 

Categoría:Nados en 1947 Categoría:Nados en Valencia Categoría:Mulleres e filosofía Categoría:Académicos de número da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas Categoría:Filósofos de España Categoría:Catedráticos da Universidade de Valencia Categoría:Grandes cruces da Orde do Mérito Civil