Anna Maria Bofarull, nada en Tarragona en 1979, é unha guionista, directora e produtora de cinema catalá. O seu cinema, cun alto compromiso social, tende a centrarse nas protagonistas femininas. En 2021, realizou a súa terceira longametraxe, Sinjar, con Nora Navas e Guim Puig, onde retrata a bárbara entrada dos soldados do Estado Islámico na cidade de Sinjar, no Kurdistán iraquí, nunha ficción baseada en historias reais de tres mulleres que loitan, "un filme de guerra con ollos de muller".
Traxectoria Licenciada en humanidades pola Universidade Pompeu Fabra e titulada en dirección cinematográfica no Centre d'Estudis Cinematogràfics de Catalunya en Barcelona, completou os seus estudos de cinema en París. Realizou os seus primeiros traballos en 2007.
Filmografía Notes al peu (2008) Hammada (2009) Sonata per a violoncel (2015) Barcelona 1714 (2019) ¡No pasarán! (2020) Sinjar (2022)
Notas
Categoría:Nados en Tarragona Categoría:Nados en 1979 Categoría:Alumnos da Universidade Pompeu Fabra Categoría:Guionistas de Cataluña Categoría:Directores de cinema de Cataluña