George Henslow, nado en Cambridge o 23 de marzo de 1835 e finado en Bournemouth o 30 de decembro de 1925, foi un crego coadxutor anglicano, botánico e autor de libros inglés."Henslow, George (HNSW854G)". A Cambridge Alumni Database. University of Cambridge. Destacou por ser un defensor da evolución lamackista.Bowler, Peter J. (1989). Evolution: The History of an Idea. University of California Press. p. 260.

Traxectoria Foi o terceiro fillo do reverendo John Stevens Henslow, e foi educado na King Edward VI School, Bury St Edmunds e despois matriculouse o 30 de maio de 1854 no Christ's College, Cambridge, onde se graduou como B.A. (licenciado en humanidades) en 1858 e M.A. (máster) en 1861. Foi ordenado diácono da Igrexa de Inglaterra en 1859 e crego en 1861. En 1864 converteuse en Membro da Sociedade Linneana. Foi o director entre 1861 e 1864 da Hampton Lucy Grammar School e de 1865 a 1872 da Grammar School, da rúa Store, Londres. De 1868 a 1880 foi profesor de Botánica no St Bartholomew's Hospital e tamén no Birkbeck College e no Queen's College, Londres. Foi entre 1868 e 1870 coadxutor da St John's Wood Chapel e entre 1870 e 1887 coadxutor da igrexa de St James, Marylebone. Residiu en Ealing, onde foi no período 1882-1904 presidente da Sociedade de Historia Natural e Microscópica de Ealing, despois morou en Drayton House en Learnington e finalmente mudouse a Bournemouth. O 26 de outuro de 1897 estaba entre os primeiros 60 gañadores da Medalla Vitoria de Honra outorgada pola Sociedade Real de Horticultura.

Casou en Cambridge o 13 de outubro de 1859 con Ellen Weekley (c. 1836–1875) mais divorciouse dela o 8 de xullo de 1872. En St Pancras, Londres en 1872 casou con Georgina Brook Bailey (1843–1876), que morreu en 1876. En 1881 casou coa súa terceira muller, Katharine Yeo (c. 1845–1919), que era a viúva do reverendo Yeo de Ealing. A terceira muller de George Henslow tiña fillos do seu anterior matrimonio, pero non tivo máis fillos con Henslow. Henslow tivera cinco fillos do seu primeiro matrimonio, pero só un, George Stevens Henslow (1863–1924), sobreviviu á adultez. Henslow morreu o 30 de decembro de 1925 en Bournemouth.The Rev. George Henslow, M.A., F.L.S. The British Medical Journal. Vol. 1, No 3394 (Jan. 16, 1926), p. 124

Nos seus últimos anos converteuse nun crente no espiritualismo.Bowler, Peter J. (2001). Reconciling Science and Religion: The Debate in Early-Twentieth-Century Britain. University of Chicago Press. p. 38.

Evolución

Henslow foi un dos propoñentes da evolución teísta que sostiña que a "selección natural non exerce ningún papel na orixe das especies."Moore, James R. (1979). The Post-Darwinian Controversies: A Study of the Protestant Struggle to Come to Terms with Darwin in Great Britain and America, 1870-1900. Cambridge University Press. p. 221. Promoveu a súa teoría lamarckista da evolución en plantas por adaptación directa, coñecida como "o Verdadeiro darwinismo".Anonymous. (25 de marzo de 1909). The Heredity of Acquired Characters in Plants. Nature 80: 93. Utilizaba este termo en oposición a neodarwinismo, que negaba a herdanza dos caracteres adquiridos.Moore, James. (1991). Deconstructing Darwinism: The Politics of Evolution in the 1860s. Journal of the History of Biology 24 (3): 353-408.

Publicacións seleccionadas A abreviación como autor que se lle asigna nas citas de nomes botánicos é G.Hensl.International Plant Names Index. G.Hensl.

Artigos

Libros

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1835 Categoría:Finados en 1925 Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Botánicos de Inglaterra Categoría:Lamarckismo Categoría:Parapsicoloxía Categoría:Evolución non darwinista