Nerea Cordeiro Cerviño, nada en Bueu en 1999, é unha artista plástica galega.
Traxectoria Graduada en Belas Artes na Universidade de Vigo, Mestrado en Investigación en Arte e Creación pola Universidade Complutense de Madrid ("Cidades telaraña. Visión plástica da paisaxe urbana desde o contexto actual") e realizando o doutoramento na mesma universidade. En 2024 daba clases en Madrid e Vigo.
Gañou o terceiro premio do programa Xuventude Crea na especialidade de Artes Plásticas en 2022 pola súa obra escultórica Inhabitable e repetiu tamén terceiro premio en 2023 pola creación pictórica Cidades telaraña. Cidades telaraña (2023) son 3 debuxos de tinta chinesa sobre papel e 8 gravados realizados coa técnica de fotopolímero.
En 2023 Cidades telaraña foi terceiro premio (2000 €) no certame de artes plásticas da Deputación de Ourense, un traballo onde combina o debuxo coa instalación adaptada ao espazo expositivo.
Expuxo en 2024 en Bueu no Jonkon Café Sobre debuxar, fiar e habitar, exposición que une os seus proxectos, Cidades telaraña e Figuras debuxadas, coa colaboración do Museo Cristóbal Gabarrón e o financiamento da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
En 2024 a súa proposta Sobre debuxar, fiar e habitar foi seleccionada polo Auditorio de Galicia para a Zona C (unha iniciativa que ten por obxectivo promover a arte emerxente do país e achegar á cidadanía os discursos e propostas de vangarda chamados a anovar o panorama creativo galego): tecer unha tea de araña xerando un espazo visual e textual e habitar o espazo expositivo indagando na interconexión que se produce entre o lugar e a arte.
As súas obras foron seleccionadas para o XIII Encontro de Artistas Novos, Cidade da Cultura, Santiago de Compostela; os Novos Valores 2020, Novos Valores 2021, Novos Valores 2022, Deputación de Pontevedra; a XXIV Bienal Internacional Arte no Morrazo, Concello de Cangas.
Obra ilustrada
Os fíos da vida, de Daniel Chapela (2026). Boulevar Ed. ISBN 979-13-991009-3-8. Edición limitda cosida a man.
Premios:
2020: Primeiro premio: IX concurso de Arte. Asociación ADICAM, Pontevedra. 2021: Finalista Artistas emergentes 2021. Universidade Loyola, Sevilla. 2022: Primeiro premio: Edición Extraordinaria Premios de Arte del Consejo Social, categoría Premio Fotografía, dibujo o grabado. Universidade Complutense de Madrid. 2022: Terceiro premio: Xuventude Crea 2022, especialidade de Artes Plásticas. Xunta de Galicia. 2022: Premio Galicia. Pedras de Santiago: XIII Premio Atlante. Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital, A Coruña. 2023: Finalista Décimo terceiro premio Auditorio de Galicia para artistas noveis 2023. Concello de Santiago. 2023: Terceiro premio: Xuventude Crea 2023, especialidade de Artes Plásticas. Xunta de Galicia. 2023: Terceiro premio: XVII Certame de Artes Plásticas de Deputación de Ourense para novos creadores. 2023: Gañadora do VII Premio ArteLateral Complutense. 2023: Finalista I Certame de Pintura "Otero Baena" para artistas noveis. Concello de Bueu.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina web da artista
Categoría:Nados en Bueu Categoría:Nados en 1999 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Pintores de Galicia