Higor Inácio Platiny de Oliveira Rodrigues, coñecido como Platiny, nado en Goiânia o 2 de outubro de 1990, é un futbolista brasileiro que xoga como dianteiro no Marítimo, da Segunda Liga de Portugal.

Traxectoria Nacido en Goiânia, formouse como futbolista na canteira do Monte Cristo EC, e pasou por varios clubs brasileiros antes de dar o salto ao fútbol europeo en agosto de 2012, cando fichou polo Feirense portugués.

Na súa primeira tempada no país luso anotou 9 goles, atraendo o interese de clubs máis grandes, como o SC Braga, que o fichou en xuño de 2013 para o seu filial.

A continuación xogou no Aves e en xullo de 2015. O 21 de xullo de 2015 volveu ao Feirense. As súas actuacións alí valéronlle o premio de Xogador do Mes da Segunda Liga de febreiro de 2016 e, con 17 goles, foi o segundo máximo goleador do campionato, contribuíndo ao ascenso do Feirense á Primeira Liga. Entre 2017 e 2020 militou no Chaves.

O 25 de xuño de 2023 fichou polo Marítimo, que acababa de descender á Segunda Liga.

Notas

Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Goiânia Categoría:Futbolistas do Brasil Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do CD Feirense Categoría:Xogadores do SC Braga Categoría:Xogadores do CD Aves Categoría:Xogadores do Moreirense FC Categoría:Xogadores do CS Marítimo