Diego García Campos, nado en Madrid o 18 de abril de 2000, é un futbolista español que xoga como dianteiro no CD Leganés, da Primeira División.
Traxectoria Formouse como futbolista nas canteiras do Real Madrid, o Alcobendas e o Rayo Vallecano. En decembro de 2018 debutou co Rayo B na Tercera División, nunha vitoria por 2-0 ante o RSD Alcalá. Non chegou a consolidarse como titular, disputando só sete partidos dende o inicio e marcando dous goles.
En outubro de 2020 fichou polo Leganés, sendo inicialmente asignado ao filial de Terceira. O 16 de maio seguinte, despois de marcar 13 goles co segundo equipo, fixo o seu debut co primeiro equipo na Segunda División, substituíndo a Sabin Merino nos minutos finais dun triunfo por 3-0 na casa ante a UD Logroñés.
Para a tempada 2022/23, saíu cedido ao CF Fuenlabrada da Primeira Federación. Tras ser o máximo goleador do equipo con 13 goles, regresou ao "Lega" en xuño de 2023 e renovou o seu contrato ata 2025. Ao remate da campaña conseguiu o ascenso á Primeira División.
Palmarés Leganés Segunda División (1): 2023/24.
Notas
Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano B Categoría:Xogadores do CF Fuenlabrada Categoría:Xogadores do CD Leganés Categoría:Xogadores do CD Leganés B