A 2-aminopurina é un análogo purínico da guanina e adenina, utilizado como marcador molecular fluorescente en investigación de ácidos nucleicos. Normalmente aparéase coa timina, xa que é un análogo da adenina, pero pode tamén establecer un apareamento de bases coa citosina, porque tamén é análogo da guanina. Por esta razón ás veces utilízase no laboratorio para a mutaxénese.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Análogo de ácido nucleico

Categoría:Bases nitroxenadas Categoría:Purinas