Muxía é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Fisterra. Segundo o IGE a súa poboación no 2014 era de 5.068 habitantes (5.424 no 2010, 5.746 no 2006, 5.823 no 2005, 5.899 no 2004, 6.029 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «».
Poboación
Censo total 2014 5068 habitantes Menores de 15 anos 487 (9,61 %) Entre 15 e 64 anos 3079 (60,75 %) Maiores de 65 anos 1502 (29,64 %)
Cultura
Toponimia A proposta máis estendida atribúelle a orixe de Muxía a un descendente do latín monacus 'monxe', ben a partir da forma galega mogo (< moogo), ben a partir do galicismo monxe (que acabou por desprazar a forma galega). Porén, os primeiros rexistros de monge (> monxe) son bastante anteriores ás primeiras atestacións do topónimo coa nasal (Mongia en 1493, Mungia en 1532), polo que non se pode descartar unha orixe prerromana.miniatura|esquerda|150px|Casa consistorial.
Patrimonio cultural de Muxía O concello de Muxía ten un importante patrimonio cultural no que podemos sinalar como predominante o patrimonio relixioso de época románica coas igrexas de San Cristovo de Nemiña, San Xiao de Moraime, Santa Leocadia de Frixe, Santa María de Morquintán, Santa María (esta última de estilo románico de transición) e San Martiño de Ozón (posteriormente transformada) entre outras. Ademais o concello tamén ten dous mosteiros, o mosteiro de Moraime e o mosteiro de Santa María de Ozón.
Mais de entre todos os edificios relixiosos muxiáns o máis coñecido é o santuario da Virxe da Barca por ser punto de peregrinación desde o século XI ou XII, peregrinación que co paso do tempo deu lugar á actual Romaría da Barca que combina celebracións relixiosas e pagás na vila durante os mesmos días.
Festas
É moi famosa a Romaría da Virxe da Barca. En agosto celébrase o San Roque de Moraime.
Muxía na literatura popular Nosa Señora da Barca,/ Nosa Señora, valeime,/ que estou no medio do mar,/ non hai barqueiro que reme Lino Lema Bouzas (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993, 14.. Nosa Señora da Barca/ ten uns zapatiños brancos,/ as mozas de Camariñas/ vanllos ver os días santos Fermín Bouza Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 183.. Santo Cristo de Fisterra,/ Santo da barba dourada,/ axúdame a remontar/ a laxe de Touriñana Refírese á punta do cabo Touriñán, situado na parroquia do mesmo nome, no oeste do concello de Muxía. Lino Lema Bouzas (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993, 13. No texto: da Touriñana.. Santo Cristo de Fisterra,/ Santo da barba dourada,/ veño de tan lonxe terra,/ Santo, por che ver a cara./ Veño da Virxe da Barca,/ veño de abalar a pedra./ Tamén veño de vos ver,/ Santo Cristo de Fisterra Copla une a devoción ao Cristo de Fisterra e á Virxe da Barca. Fraguas, 1989.. Veño da Virxe da Barca, veño da abalar a pedra./ Tamén veño de vos ver/ Santo Cristo de Fisterra Gran Enciclopedia Galega, s. v. Abalar, Pedra de..
Galería de imaxes
Parroquias
Lugares de Muxía Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Muxía vexa: Lugares de Muxía.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Camiño dos Faros Eleccións municipais en Muxía Santuario da Virxe da Barca Ligazóns externas
Concello de Muxía
Categoría:Topónimos de concellos galegos con etimoloxía